REORDENADO UN TRAMO DE APARCAMENTOS NO MALECÓN PARA ATENDER AS DEMANDAS DO CENTRO DE ALZHEIMER E A FUNDACIÓN FAIBÉN

REORDENADO UN TRAMO DE APARCAMENTOS NO MALECÓN PARA ATENDER AS DEMANDAS DO CENTRO DE ALZHEIMER E A FUNDACIÓN FAIBÉN

Escrito el 27/09/2019


O Concello de Riveira realizou esta mañá unha pequena intervención no paseo do Malecón coa fin de reordenar un tramo de prazas de aparcamento en petición de dúas organización sociais que desempeñan o seu labor neste contorno e, concretamente, no edificio coñecido popularmente como a 'Caixa de Aforros': a asociación Agadea, que xestiona o centro de día de Alzheimer, e a fundación Faibén de apoio á infancia, responsable dunha casa de acollida para menores pertencentes a familias desestruturadas.


Concretamente, operarios municipais procederon a habilitar unha praza en exclusiva para a fundación Faibén coa fin de atender as necesidades desta entidade en tanto que, recollendo unha solicitude expresa de Agadea, se habilitaron dúas prazas express por tempo limitado a quince minutos para que os usuarios do centro e a cidadanía en xeral poidan facer uso das mesmas. Cómpre puntualizar que Agadea xa ten ademais outras tres prazas reservadas ao seu servizo.