POLÍTICA SOCIAL FOMENTA A CREACIÓN ARTÍSTICA DA MOCIDADE E A SÚA PARTICIPACIÓN NO ENCONTRO DE CULTURA URBANA DE NOIA

POLÍTICA SOCIAL FOMENTA A CREACIÓN ARTÍSTICA DA MOCIDADE E A SÚA PARTICIPACIÓN NO ENCONTRO DE CULTURA URBANA DE NOIA

Escrito el 28/09/2019


A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, sinalou hoxe a importancia que ten fomentar o desenvolvemento das propostas de creación artística e de ocio que propón a propia mocidade como xeito de favorecer a súa participación e dar visibilidade ao seu talento. Un obxectivo ao que responde o encontro MIXtura Urbana organizado por Vella Escola dentro dos actos conmemorativos do seu décimo aniversario.

 

Este evento reuniu no paseo marítimo noiés a mozas e mozos afeccionados a distintas disciplinas da cultura urbana, como breakdance, graffiti, parkour, skate, rap ou danza urbana entre outras. O obxectivo deste encontro é dar apoio a estas rapaces e rapazas interesados pola arte e o deporte urbano, para que poidan expresarse, compartir e amosar o seu talento.

 

Vella Escola de Noia é unha das entidades do ámbito xuvenil que conta co apoio da Xunta de Galicia a través do programa Iniciativa Xove.