A PARADA CENTRAL DE TAXIS DE RIVEIRA MUDA DE ROSALÍA DE CASTRO Á RÚA OTERO PEDRAYO 


A PARADA CENTRAL DE TAXIS DE RIVEIRA MUDA DE ROSALÍA DE CASTRO Á RÚA OTERO PEDRAYO 


Escrito el 30/09/2019


Tal como fora anunciado, a parada central de taxis da cidade riveirense muda de ubicación da rúa Rosalía de Castro a Otero Pedrayo. Hoxe mesmo comezou a funcionar este servizo público no seu novo emprazamento, estando a cabeceira orientada cara á praza do Concello.

 

O cambio vén propiciado polas obras de humanización da rúa Rosalía de Castro, actualmente en marcha e nas que se vai ampliar o espazo reservado aos viandantes en sintonía coas intervencións realizadas noutras zonas da contorna.