A curta "Deámoslle voz" realizada por alumnado de Sada e producida pola Deputación da Coruña gaña o primeiro premio do Certame de Cine OUFF Escola

A curta "Deámoslle voz" realizada por alumnado de Sada e producida pola Deputación da Coruña gaña o primeiro premio do Certame de Cine OUFF Escola

Escrito el 02/10/2019


A curtametraxe "Deámoslles voz" elaborada por alumnado do instituto IES Isaac Díaz Pardo de Sada e producida pola área de Igualdade da Deputación da Coruña é a gañadora do primeiro premio no Certame de Cine Ouff Escola na categoría de ensino secundario. A peza foi gañadora do concurso de guións contra a violencia de xénero e producida polo premio da propia convocatoria.

 

 

O alumnado do IES Isaac Díaz Pardo de Sada recolleu o primeiro premio do Certame de Cine Ouff Escola de Ourense pola súa curtametraxe Deámoslle voz, coa que conseguiron en 2018 o premio de guións contra a violencia de xénero da Deputación da Coruña. O segundo premio foi para Pulso, do IES Chan do Monte (Marín, Pontevedra e o de mellor guión foi para o filme Mans salgadas, do IES de Foz.

 

 

O guión achega dende a mirada dunha moza adolescente a violencia machista que se dá no interior da súa familia e entre unha parella do seu instituto, situación que intentará reverter dándolle voz ás vítimas dos maltratos. A curtametraxe foi realizada integramente por alumnado do IES de Sada

 

Ademais dun premio de 4.000 € a convocatoria contemplaba a gravación do filme baseado no texto gañador nunha iniciativa que tiña como obxectivo xerar conciencia e reflexión na mocidade sobre o machismo e a violencia de xénero, ademais de procurar fomentar a participación desde o ámbito escolar nunha actividade creativa.

 

Promover políticas de igualdade e prevención da violencia de xénero entre a poboación infantil e adolescente, premiando o compromiso e a implicación dos centros educativos públicos é o fin principal da iniciativa que agora recibe o recoñecemento no certame destinado a proxectos escolares na décima edición do Certame de Cine Ouff organizado pola consellaría de Cultura do Concello de Ourense coa  colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

 

 

A curtametraxe pódese ver na seguinte ligazón:

 

https://www.youtube.com/watch?v=D5EIOiywUKo