Familias de Lousame participan nas xornadas formativas “Navegando en familia”

Familias de Lousame participan nas xornadas formativas “Navegando en familia”

Escrito el 10/10/2019


Varias familias lousamiás, con fillos e fillas entre 5º de Primaria e 4º da ESO, participaron na primeira das seis sesións das xornadas formativas “Navegando en Familia”, organizadas polo Concello de Lousame en colaboración co CPI Plurilingüe Cernadas de Castro. A próxima sesión terá lugar o martes 22 de outubro, ás 17:20 horas, no colexio lousamiá. Para participar só é preciso inscribirse previamente na Concellería de Igualdade, no 981 820 494 ou por WhastApp no 689 126 385.

 

A concelleira de Igualdade, Silvia Agrafojo, explica que “durante a primeira xornada falamos sobre como mellorar a comunicación na familia e os problemas que xorden coa chegada da adolescencia. Dentro de dúas semanas abordaremos a importancia de acordar unhas normas e uns límites cos nosos fillos e fillas”. “Navegando en familia” é unha iniciativa formativa organizada ao abeiro do “Programa de sensibilización en igualdade e prevención da violencia de xénero”, que conta co apoio da Secretaría Xeral da Igualdade e do Ministerio da Presidencia, Relacións coas Cortes e Igualdade.