O lugués Alejandro Real e o salmantino Javier Arcenillas gañan o XIV Premio Ksado de Fotografía da Deputación da Coruña

O lugués Alejandro Real e o salmantino Javier Arcenillas gañan o XIV Premio Ksado de Fotografía da Deputación da Coruña

Escrito el 15/10/2019


"Fillos de Breogán" do lugués Alejandro Real Novo e "Gangborder" de Javier Arcenillas son os traballos gañadores do XIV Premio Ksado de Fotografía da Deputación da Coruña. Un xurado internacional decidiu premiar conxuntamente as dúas obras pola súa alta calidade. Mañá entregarase na Deputación da Coruña o Premio Fotógrafo aao Arquivo Fotográfico Vidal, de Laxe.

 

Un xurado internacional composto por  Jorge Represa, Ana Palacios, Luís Vasconcelos, Pilar Carrera e Xoán Crespo, co deputado de Cultura, Xurxo Couto como presidente e a xefa de sección de Cultura, Manuela Muñíz, en calidade de secretaria, decidiu por unanimidade por conceder o premio ex aequo a Alejandro Real e Javier Arcenillas por dous traballos que, segundo destaca "mostran unha gran calidade fotográfica e abordan a fotografía documental dende diferentes visións". Os dous fotógrafos repartiranse o premio de 6.500 euros e compartirán unha mostra que itinerará por distintos concellos da provincia.

O xurado destacou que "Fillos de Breogán", de Aljandro Real Novo é unha "serie moi consistente cunha forma pouco usual e moi orixinal de achegarse ao motivo fotografado"

 

En canto Gangborder" de Javier ARcenillas, apunta o xurado que se trata "dunha aposta de fotoxornalismo impecable, con moita forza e supón un relato redondo sobre un conflito case esquecido".

 

 

 

Datos dos autores

 

Alejandro Real naceu en Lugo en 1983. Os seus comezos na fotografía datan do 2008 de forma autodidacta aínda auq elogo completa a súa formación como Técnico Superior de Artes Plásticas e deseño en Fotografía Artística na Escola de Arte Ramón Falcón de Lugo. Gañou premios como o do Maratón fotográfico do campus de Lugo, o Concurso de relato fotográfico Dra. Susana Santeiro ou o concurso Findecurta. Os seus comezos foron na fotografía dixital, mais pronto empeza a se interesar pola fotografía clásica, traballando na actualidade en grande formato analóxico.

 

Javier Arcenillas naceu en 1973 en Salamanca e, como fotoxornalista, desenvolve ensaios humanitarios en que os protagonistas están integrados en sociedades que limitan e agreden toda razón e dereito. Gañou importantes premios internacionais, como o Arts Press Award, Kodak Joung Photographer, Euro Press de Fujifilm, Terceiro premio FotoPres, Luís Ksado, Poyi, Eugene Smith Grant ou World Press Photo. As súas reportaxes máis completas pódense ver en publicacións coma Time, Spiegel, Stern, Lens El Periódico de Guatemala, El País, El Mundo, Sunday Times, Gatopardo ou IL Magazine. Ten catro libros publicados como "City Hope", "Welcome", "Sicarios" "UFOpresences".