CHARLA SOBRE COMERCIO ELECTRÓNICO SEGURO E BANCA ELECTRÓNICA NA AULA CEMIT DE RIVEIRA

CHARLA SOBRE COMERCIO ELECTRÓNICO SEGURO E BANCA ELECTRÓNICA NA AULA CEMIT DE RIVEIRA

Escrito el 16/10/2019


A Aula CEMIT de Riveira vai dar cabida o vindeiro mércores 30 de outubro ás 11 horas a unha charla gratuíta dedicada ao comercio electrónico seguro e banca electrónica que está organizada pola Unión de Consumidores de Galicia en colaboración co a Oficina Municipal de Información ás persoas Consumidoras (OMIC).

 

Para anotarse, basta contactar coa OMIC, ben na súa sede na avenida do Malecón, nº 3, ben por teléfono (981 873 007) ou correo electrónico (omic@riveira.com).

 

As persoas interesadas dispoñen de prazo para anotarse ata o luns 28 de outubro ás 15 horas. O aforo máximo son 20 participantes.