A Deputación apoia con 267.750 euros as actividades de máis dun centenar de entidades deportivas da provincia da Coruña

A Deputación apoia con 267.750 euros as actividades de máis dun centenar de entidades deportivas da provincia da Coruña

Escrito el 16/10/2019


A Deputación da Coruña publica no BOP de hoxe a concesión provincial do programa de subvencións destinado a apoiar ás entidades da provincia na realización de actividades do fomento da actividade física e o deporte durante o ano 2019.

 

En total, a Deputación destinará 267.650,76 euros para financiar as actividades de 103 entidades coruñesas sen ánimo de lucro, mentres que outras 11 axudas están condicionadas á presentación de documentación adicional.

 

A deputada da área de Deportes, Cristina Capelán, apuntou que esta liña de axudas ten como finalidade “fomentar a práctica deportiva e o deporte afeccionado entre a cidadanía da provincia” e destacou que “unha parte importante dos programas de actividades que apoia a Deputación están dirixidos a escolares, porque sabemos da importancia de fomentar o deporte dende a base”.

 

As axudas oscilan entre os 1.000 e os 8.500 euros e destínanse ao fomento de todas as disciplinas deportivas, dende fútbol, baloncesto, ciclismo ou atletismo a deportes máis minoritarios coma os deportes náuticos, taekwondo, tenis de mesa ou pesca deportiva. Algunhas delas están especialmente destinadas á promoción do deporte adaptado entre colectivos con diversidade funcional, á recuperación de deportes tradicionais e á programación de actividades deportivas extraescolares por partes das ANPAS de centros escolares.

 

Apoio a 715 clubes e entidades deportivas coruñesas

 

Capelán lembrou que a esta liña compleméntase cos 371.000 euros que a Deputación concedeu o pasado mes de setembro a outros cen clubs e entidades deportivas coruñesas para a mellora das súas infraestruturas e equipamentos e con outro programas de apoio a grandes eventos deportivos e ás competicións federadas de ámbito local, provincial, autómico, nacional e internacional nas distintas disciplinas deportivas que suman preto de 1,5 millóns de euros anuais e que o pasado ano chegaron a un total de 715 entidades deportivas coruñesas.

 

 

 

“A Deputación da Coruña realiza cada ano un importante esforzo inversor para apoiar ao deporte coruñés en todos os ámbitos, dende o deporte de base aos grandes eventos deportivos”, afirmou Cristina Capelán que destacou que este apoio “contribúe a situar á provincia da Coruña na vangarda do deporte galego”.

 

 

Listaxe provisional de subvencións concedidas para actividades de fomento da actividade física e o deporte

 

Solicitudes

Importe subvención

Coef.

Pto. Subvencionado que se ha xustificar

Beneficiario: A.D. VIRXE DA BARCA
Obxecto: Actividades deportivas ano 2019

6.000,00€

0,7800

7.692,31€

Beneficiario: ADECO-DEA
Obxecto: Organización das Xornadas Náuticas Adaptadas 2019 do club ADECO-DEA (Programa Un Mar Para Todos)

3.191,58€

0,6986

4.568,54€

Beneficiario: AGRUPACION DEPORTIVA A FRAGA
Obxecto: Proxecto deportivo 2019 - Agrupación deportiva A Fraga

1.000,00€

0,8000

1.250,00€

Beneficiario: AGRUPACION DEPORTIVA A MAGDALENA
Obxecto: Proxecto Deportivo 2019 - Agrupación Deportiva A Magdalena

1.000,00€

0,8000

1.250,00€

Beneficiario: AGRUPACION DEPORTIVA ABELLARIZA IES PONTECESO
Obxecto: Actividades deportivas ano 2019

2.250,00€

0,8000

2.812,50€

Beneficiario: AGRUPACION DEPORTIVA FOGAR DA XUVENTUDE
Obxecto: Promoción das Escolas de Natación e Tríatlon de Base

4.750,00€

0,7810

6.081,95€

Beneficiario: AGRUPACION DEPORTIVA MINUSVALIDOS FERROL
Obxecto: Promoción e sensibilización deporte adaptado

2.250,00€

0,7500

3.000,00€

Beneficiario: AGRUPACION DEPORTIVA UN PASO MAIS
Obxecto: Continuar co fomento e a promoción da inclusión daqueles mozos/as con diversidade funcional da comarca e arredores co obxectivo de contribuir a mellora da súa calidade de vida, social e de saúde psicofisiológica mediante a práctica do deporte.

2.250,00€

0,7982

2.818,84€

Beneficiario: ANPA NAPABAN DO CEIP DE ABANQUEIRO
Obxecto: Actividades deportivas extraescolares

1.000,00€

0,8000

1.250,00€

Beneficiario: ANPA O FORTE DO CEIP Nº 1 DE MELIDE
Obxecto: Actividades físico-deportivas para nenos de infantil e primaria, para a promoción dunha vida sudable e a difusión dos valores deportivos entre os cativos

3.500,00€

0,8000

4.375,00€

Beneficiario: A.P.A. CAMIÑO REAL C.P. N.3-MELIDE
Obxecto: Actividades extraescolares

1.000,00€

0,6667

1.499,93€

Beneficiario: A.P.A. CASTELAO CEIP ALFONSO D.RGUEZ.C.ORDES
Obxecto: Actividades extraescolares de fomento do deporte

1.000,00€

0,7059

1.416,63€

Beneficiario: A.P.A. C.N. COMARCAL DE CURTIS-ESTACION
Obxecto: Curso de natación en piscina climatizada

1.000,00€

0,8000

1.250,00€

Beneficiario: A.P.A. COLEGIO JORGE JUAN DE PERLIO-FENE
Obxecto: Fomentar as actividades físicas e deportivas dos nenos e nenas

1.000,00€

0,6000

1.666,67€

Beneficiario: A.P.A. C.P. CABALEIROS
Obxecto: Actividades de fomento do deporte 2019

2.250,00€

0,7995

2.814,26€

Beneficiario: A.P.A. O FUTURO CEIP CAMPOMAIOR
Obxecto: Realización de actividades deportivas extraescolares

1.000,00€

0,8000

1.250,00€

Beneficiario: A.P.A. VILABOA CEIP SOFIA CASANOVA
Obxecto: Actvidades extraescolares deportivas 2019

2.250,00€

0,4000

5.625,00€

Beneficiario: A.P.N.A. RIO TINES CEIP SERRA DE OUTES
Obxecto: Actividades deportivas: taekwondo, zumba, ximnasia rítmica e patinaxe

1.000,00€

0,7890

1.267,43€

Beneficiario: ASOCIACION CABALAR COMARCAL A XUNTANZA
Obxecto: XVIII Ruta Cabalar Comarcal de Muros

1.481,58€

0,5837

2.538,26€

Beneficiario: ASOCIACION COLECTIVO REMONTE
Obxecto: Organización de 2 probas de senderismo (50 e 15 km.) nos Concellos de Padrón e Rois

3.589,58€

0,8000

4.486,98€

Beneficiario: ASOCIACION CULT.DEP.INSTR.E RECR.PEÑA LASTRAS
Obxecto: Participación en Liga e Copa de Peñas de Betanzos durante o ano 2019

1.000,00€

0,8000

1.250,00€

Beneficiario: ASOCIACION CULTURA E XUVENTUDE DA CAPELA
Obxecto: Promoción social e fomento das alternativas de ocio activo, deporte e ocupación do tempo de lecer no rural

1.000,00€

0,4921

2.032,11€

Beneficiario: ASOCIACION CULTURAL ADRO DE VILAÑO
Obxecto: IV Carreira Popular do Apóstolo e Andaina saudable e solidaria (A Laracha)

2.056,58€

0,5000

4.113,16€

Beneficiario: ASOCIACION CULTURAL AXOUXERE
Obxecto: Pilates Axouxere 2019

1.000,00€

0,8000

1.250,00€

Beneficiario: ASOCIACION CULTURAL DEPORTIVA POLICIA LOCAL DE A CORUÑA
Obxecto: Axuda económica para o desenvolvemento das actividades deportivas do ano 2019

2.221,58€

0,5429

4.092,06€

Beneficiario: ASOCIACION CULTURAL E DEPORTIVA CNP GALICIA
Obxecto: Axuda para obter fondos necesarios para a realización de actividades de fomento do deporte no 2019

3.500,00€

0,7000

5.000,00€

Beneficiario: ASOCIACION CULTURAL LAJAREU POR BARLOVENTO

Obxecto: Promoción da navegación tradicional en dorna mediante a organización e a participación en travesías e regatas de dornas no ano 2019.

1.942,38€

0,8000

2.427,98€

Beneficiario: ASOCIACION D.C. LIGA DE PEÑAS DE LA CORUÑA
Obxecto: Aluguer de instalacións, primas de seguros e dereitos de arbitraxe liga

2.250,00€

0,8000

2.812,50€

Beneficiario: ASOCIACION DE CLUBES GALEGOS DE FUTBOL
Obxecto: IV congreso de formación de monitores de fútbol base

2.250,00€

0,8000

2.812,50€

Beneficiario: ASOCIACION DE SURF Y PADDLE SURF DE OLEIROS
Obxecto: Promoción e fomento do Surf e do Paddle Surf 2019

1.881,58€

0,6629

2.838,41€

Beneficiario: ASOCIACION DEP.CULT.VOLEIPRAIA COSTA DA MORTE
Obxecto: Escolas deportivas volei-praia, circuito de competición e actividades de "Praia Animada"

2.531,58€

0,6857

3.691,96€

Beneficiario: ASOCIACION DEPORTIVA A CAPELA VETERANOS
Obxecto: Sufragar gastos derivados da práctica de fútbol en categoría veterano

806,58€

0,3000

2.688,60€

Beneficiario: ASOCIACION DEPORTIVA AMIGOS DEL BASKET FERROL
Obxecto: Realización de actividades deportivas relacionadas co baloncesto

2.250,00€

0,8000

2.812,50€

Beneficiario: ASOCIACION DEPORTIVA DOWN HILL
Obxecto: Fomentar o deporte de ciclismo e running

4.750,00€

0,6855

6.929,25€

Beneficiario: ASOCIACION DEPORTIVA OLIMPIA
Obxecto: Desenvolvemento das escolas de atletismo Asociación Deportiva Olimpia 2019

3.251,58€

0,8000

4.064,48€

Beneficiario: ASOCIACION ENFEITIZADOS
Obxecto: Clases e encontro de aikido

1.000,00€

0,7777

1.285,84€

Beneficiario: ASOCIACION GALEGA DE AXEDRECISTAS
Obxecto: Difusión do xadrez na provincia

2.331,58€

0,8000

2.914,48€

Beneficiario: ASOCIACION GALEGA DE XESTORES DEPORTIVOS
Obxecto: Plan Actividades AGAXEDE 2019

4.871,32€

0,7000

6.959,03€

Beneficiario: ASOCIACION MOTOCLUB VAL DO DUBRA
Obxecto: Evento de motociclismo e actividades relacionadas con este deporte

2.250,00€

0,8000

2.812,50€

Beneficiario: ASOCIACION PARA A PROMOCION DE DEPORTE DE BASE (PROBASE)
Obxecto: XVI Campus Basket Lino e Aldrey 2019

3.431,58€

0,4138

8.292,85€

Beneficiario: ASOCIACION PEÑA BARCELONISTA IRMANDIÑA
Obxecto: Desenvolvemento de actividades deportivas 2019

2.331,58€

0,6957

3.351,42€

Beneficiario: ASOCIACION PROTECTORA DE PESCA BAXOI
Obxecto: Actividades de promoción e exaltación do deporte da pesca

1.000,00€

0,8000

1.250,00€

Beneficiario: ASOCIACION RECREATIVA BIMARES
Obxecto: Actividades de senderismo para 2019

1.376,58€

0,4980

2.764,22€

Beneficiario: ASOCIACION TERCEIRA IDADE DE FRADES
Obxecto: Realización de cursos deportivos: pilates, ximnasia e ioga

1.000,00€

0,8000

1.250,00€

Beneficiario: ASOCIACION WEST GALICIA
Obxecto: Deporte adaptado para enfermidades raras

2.250,00€

0,8000

2.812,50€

Beneficiario: ASOC.PADRES,PROFES.Y AMIGOS PERS.C/DISCAPACIDAD INTELECT.SPECIAL OLYMPICS GALICIA
Obxecto: Xogos autonómicos de maratón urbano Culleredo 2019

1.931,58€

0,8000

2.414,48€

Beneficiario: ASOC.PEDROUCO DE PAIS E NAIS DE ALUMNOS CEIP DE VISANTOÑA
Obxecto: Apoio á práctica do deporte da natación ano 2019

814,08€

0,3900

2.087,38€

Beneficiario: AUTOMOVIL CLUB AS PONTES
Obxecto: Realizar o 3 slalom vila das Pontes e actividades de fomento de karting e do automobilismo no circuito municipal de karting das Pontes

2.250,00€

0,8000

2.812,50€

Beneficiario: A.VV. OS IRMANDIÑOS
Obxecto: Mantemento de actividades físico-deportivas xa existentes e ampliación da oferta.

2.250,00€

0,6771

3.323,00€

Beneficiario: BM LINEA 21
Obxecto: XOGAR E LECER: fomento e concienciación da práctica deportiva

1.931,58€

0,3409

5.666,12€

Beneficiario: CAUCA CARRAL
Obxecto: Equipamento e material deportivo non inventariable para as competicións deportivas

1.936,49€

0,8000

2.420,61€

Beneficiario: CLUB XADREZ O TOQUE XIRIACARBALLO
Obxecto: Organización do III Torneo de xadrez clásico de Carballo

1.481,58€

0,5455

2.716,00€

Beneficiario: CLUB AGRONOVO
Obxecto: Concurso de pesca do escalo no Ulla 2019

1.881,58€

0,6863

2.741,63€

Beneficiario: CLUB BALONCESTO OUTES
Obxecto: Celebración de eventos deportivos para fomentar o deporte

1.000,00€

0,8000

1.250,00€

Beneficiario: CLUB BARBANZA PITCH AND PUTT
Obxecto: Visibilidade e fomento da actividade física a través do Pitch and Putt

7.250,00€

0,8000

9.062,50€

Beneficiario: CLUB BTT CARRAL
Obxecto: Actuacións para o fomento do uso da bicicleta en Carral durante o ano 2019

2.156,58€

0,6715

3.211,59€

Beneficiario: CLUB BTT O TREITO
Obxecto: Actividade deportiva BTT O TREITO 2019

7.250,00€

0,8000

9.062,50€

Beneficiario: CLUB CEE DE DEPORTES DE CONTACTO

Obxecto: Escolas deportivas de Taekwondo-ITF e Kick Boxing 2019

2.250,00€

0,8000

2.812,50€

Beneficiario: CLUB CERVECERIA O COTON NEGREIRA
Obxecto: IV Triatlón solidario de Negreira e participación en populares

1.811,58€

0,3765

4.811,63€

Beneficiario: CLUB CICLISTA CARIÑO
Obxecto: NORTHWEST EXPERIENCE. Seguir promovendo un estilo de vida saudable e ser unha opción máis para atraer turismo ao concello de Cariño.

1.931,58€

0,8000

2.414,48€

Beneficiario: CLUB CICLISTA MUROS
Obxecto: Fomento actividade física e do deporte 2019

1.451,58€

0,4000

3.628,95€

Beneficiario: CLUB DE INICIATIVAS DEPORTIVAS UNIVERSITARIAS
Obxecto: Torneo Aniversario e Torneo Escolar

1.000,00€

0,8000

1.250,00€

Beneficiario: CLUB DE PADEL COSTA ARTABRA
Obxecto: Realización de dous torneos e un ranking durante o ano 2019

2.111,58€

0,8000

2.639,48€

Beneficiario: CLUB DE TENIS AS PONTES
Obxecto: II competición por equipos (Sistema Copa Davis) nivel autonómico

2.250,00€

0,8000

2.812,50€

Beneficiario: CLUB DE TIRO OLIMPICO LARACHA
Obxecto: Promoción do deporte de tiro pola realización de actividades de fomento do deporte

3.500,00€

0,8000

4.375,00€

Beneficiario: CLUB DEPORTIVO AKAI RYU
Obxecto: VII Copa AKAI RYU

2.499,33€

0,7000

3.570,47€

Beneficiario: CLUB DEPORTIVO DAFIT
Obxecto: Escola de iniciación ás carreiras de obstáculos (OCR) 2019

1.000,00€

0,8000

1.250,00€

Beneficiario: CLUB GALICIA ROLLERS
Obxecto: Fomento da práctica e aprendizaxe da patinaxe en liña mediante a realización de actividades para adultos, familias, nenos e nenas.

6.000,00€

0,4861

12.343,14€

Beneficiario: CLUB GOLF RIO GRANDE
Obxecto: II curso iniciación ao golf e torneo claurusa do II curso

2.250,00€

0,8000

2.812,50€

Beneficiario: CLUB H P
Obxecto: Fomento e dotación de marcos de desenvolvemento da actividade deportiva regulada e controlada da moto de campo (ENDURO), fomento da cultura de protección ambiental nese deporte, fomento da incorporación da muller e formación infantil creando condicio

4.750,00€

0,8000

5.937,50€

Beneficiario: CLUB HERCULES XTRM
Obxecto: Fomento da actividade física e deporte do club no ano 2019

4.750,00€

0,8000

5.937,50€

Beneficiario: CLUB LOUSAME DEPORTE
Obxecto: VII Torneo de fútbol base F8 Lousame 2019

2.881,58€

0,7602

3.790,56€

Beneficiario: CLUB MARINEDA ATLETICO
Obxecto: Fomento do atletismo para a mellora das condicións físicas

2.131,58€

0,8000

2.664,48€

Beneficiario: CLUB MARITIMO CARRUMEIRO
Obxecto: Promover o deporte da vela formando os nenos no coñecemento do mar

7.250,00€

0,8000

9.062,50€

Beneficiario: CLUB NAUTICO DEPORTIVO BARRAÑA
Obxecto: Imparticion xornadas deportivas de vela

1.000,00€

0,8000

1.250,00€

Beneficiario: CLUB OZONO BOIRO
Obxecto: OZONO saúde ACTÍVATE

3.500,00€

0,7918

4.420,31€

Beneficiario: CLUB PEÑA CICLISTA TOXO
Obxecto: Realización de actividades para o ano 2019 do Club Peña Ciclista TOXO

1.000,00€

0,8000

1.250,00€

Beneficiario: CLUB SAN FRANCISCO DE TEO
Obxecto: VII curso de SHIAI KUMITE de alta competición

2.147,58€

0,8000

2.684,48€

Beneficiario: CLUB TENIS FIEIRO-NOIA
Obxecto: Liga galega aficcionada de tenis (categoría feminina)

2.359,08€

0,7941

2.970,76€

Beneficiario: CLUB TENIS RIVEIRA


Obxecto: Liga galega afeccionada masculina

2.524,08€

0,7909

3.191,40€

Beneficiario: CLUB XADREZ ARTEIXO
Obxecto: Organización do IV Circuito Intercomarcal de xadrez rápido Deputación da Coruña

3.131,58€

0,6316

4.958,17€

Beneficiario: CLUBE CICLISTA REVOLTAS

Obxecto: Subvención para o fomento do deporte en Outes. Organización de actividades lúdicas en bicicleta para toda a familia, encamiñadas a promover o deporte, convivencia, diversión e espertar o interese polo entorno e o medio natural.

1.781,58€

0,5882

3.028,87€

Beneficiario: CLUBE CICLISTA SANTA COMPAÑA-SANTA COMBA
Obxecto: Fomento do ciclismo no entorno rural, contacto coa natureza, posta en valor das paisaxes rurais

2.331,58€

0,8000

2.914,48€

Beneficiario: CLUBE XOGA E APRENDE
Obxecto: Organización campamentos multideportivos de divulgación de vida deportiva e saudable

4.750,00€

0,7176

6.619,29€

Beneficiario: ESCOLA DE KARATE A GANDARA
Obxecto: Realización de actividades deportivas durante o ano 2019

1.156,58€

0,2046

5.652,88€

Beneficiario: ESCOLA DEPORTIVA SANTIAGO
Obxecto: Fomento da actividade deportiva

1.931,58€

0,8000

2.414,48€

Beneficiario: ESCUELA DE FUTBOL RA10
Obxecto: Participación fútbol praia Figueira da Foz

1.331,58€

0,4615

2.885,33€

Beneficiario: FEDERACION GALLEGA DE BALONCESTO
Obxecto: Realización de actividades de fomento do baloncesto

6.531,58€

0,2500

26.126,32€

Beneficiario: FEDERACION GALLEGA DE GIMNASIA-DELEGACION A CORUÑA
Obxecto: Campionato provincial de Ximnasia 2019

1.706,58€

0,7000

2.437,97€

Beneficiario: FEDERACION GALLEGA DE LUCHA
Obxecto: Dinamización das loitas olímpicas no tecido educativo e deportivo da provincia

4.750,00€

0,7692

6.175,25€

Beneficiario: FEDERACION TERRITORIAL GALLEGA DE BOXEO
Obxecto: Cursos de formación dirixidos á muller

4.750,00€

0,7558

6.284,73€

Beneficiario: FUNDACION ABRENTE
Obxecto: Xornadas de sensibilización e deporte adaptado en centros educativos

4.750,00€

0,8000

5.937,50€

Beneficiario: FUNDACION USC-DEPORTIVA
Obxecto: Programa de actividade físico-deportiva VERÁN CAMPUSC 2019

5.331,58€

0,2133

24.995,69€

Beneficiario: FUSQUENLHA FUTEBOL GAELICO
Obxecto: Adquisición de material para a práctica do futebol gaélico

2.531,58€

0,8000

3.164,48€

Beneficiario: LA VENATORIA SOCIEDAD DE CAZA Y PESCA
Obxecto: Fomento da pesca deportiva fluvial e marítima

2.081,58€

0,4615

4.510,47€

Beneficiario: LARACHA EN DUAS RODAS
Obxecto: Realizar actividades relacionadas co fomento do ciclismo, senderismo e running .

5.531,58€

0,5825

9.496,27€

Beneficiario: MOTOCLUB AMEIXENDA
Obxecto: Adestramentos de competición ao longo de todo o ano, participación en competicións de Supercross e organización dun Gran Premio a nivel autonómico

1.211,58€

0,3600

3.365,50€

Beneficiario: MTB DUBRA
Obxecto: Fomentar a actividade física e o deporte durante o ano 2019

3.368,38€

0,8000

4.210,48€

Beneficiario: OROSO TENIS DE MESA
Obxecto: Promocion do Tenis de Mesa 2019

8.500,00€

0,8000

10.625,00€

Beneficiario: PEÑA CICLISTA QUINTENA
Obxecto: Compra de bens destinados á actividades deportivas (roupa deportiva), gastos de participación en competicións deportivas (inscricións e outros gastos de participación) e cotas a entidades deportivas (licenzas de cicloturismo)

1.000,00€

0,5000

2.000,00€

Beneficiario: SOCIEDAD DEPORTIVA DUBRA
Obxecto: Fomento da actividade física e do deporte

5.411,58€

0,8000

6.764,48€

Beneficiario: SOCIEDADE DE CAZA SAN MIRO
Obxecto: Mantemento do coto, instalacións e actividade para o exercicio 2019

1.000,00€

0,8000

1.250,00€

Beneficiario: TENNIS IN OROSO
Obxecto: Promover o deporte de tenis no Concello de Oroso

1.000,00€

0,7822

1.278,45€

 

Total concedido 267.650,76€