O Concello de Noia convoca un curso gratuíto de autodefensa para mulleres ante situacións violentas

O Concello de Noia convoca un curso gratuíto de autodefensa para mulleres ante situacións violentas

Escrito el 16/10/2019


O Concello de Noia, a través do Centro de Información á Muller, organiza un curso gratuíto de autodefensa para mulleres ante situacións violentas, que será impartido por especialistas da Federación Galega de Loita e pertencentes ás Forzas e Corpos de Seguridade do Estado. As veciñas de Noia interesadas en participar deberán anotarse previamente no CIM de Noia (edificio de Servizos Sociais, Rúa do Curro, nº 4).

 

O curso terá lugar os sábados 9 e 16 de novembro, en horario de 10:00 a 14:00 horas, no ximnasio do IES Campo de San Alberto. Durante esas oito horas, as alumnas aprenderán non só técnicas de autodefensa, senón tamén como reaccionar psicoloxicamente diante de situacións de violencia.

 

O curso está organizado pola Concellería de Igualdade, que dirixe Marisol Villar, e conta coa colaboración da Secretaría Xeral da Igualdade, do Ministerio da Presidencia, Relacións coas Cortes e Igualdade, da Federación Galega de Loita e da Academia Galega de Seguridade Pública.