A brigada de obras do Concello de Noia realiza traballos de limpeza de cunetas e rexistros de pluviais no paseo marítimo

A brigada de obras do Concello de Noia realiza traballos de limpeza de cunetas e rexistros de pluviais no paseo marítimo

Escrito el 18/10/2019


O Concello de Noia está acometendo esta semana traballos de limpeza de cunetas e rexistros de pluviais ao longo do paseo marítimo. “O obxectivo destas tarefas é ter nas mellores condicións unha das zonas máis transitadas pola veciñanza ao tempo que contribuímos a minimizar o impacto de episodios de choiva como os desta mesma semana, garantindo unha mellor evacuación das augas pluviais durante eses días”, explica o concelleiro de Obras, Martín Fernández Godón.

 

As actuacións acometidas esta semana consistiron na limpeza de cunetas e rexistros na zona de Barro, dando continuidade ás actuacións de melloras de beirarrúas acometidas nesta parroquia a principios de mes. “Durante os próximos días continuaremos por Labarta, aproveitando tamén os traballos de poda que se van realizar na zona”, adianta o concelleiro.