Isabel Risco, Pedro Brandariz e Fran Rei porán en escena este domingo a obra “Papar sen cancelas” na Casa da da Cultura de Lousame

Isabel Risco, Pedro Brandariz e Fran Rei porán en escena este domingo a obra “Papar sen cancelas” na Casa da da Cultura de Lousame

Escrito el 18/10/2019


O auditorio da Casa da Cultura de Lousame acollerá este domingo 20 de outubro, ás 19:00 horas, a posta en escena da comedia teatral “Papar sen cancelas”, protagonizada por Isabel Risco, Pedro Brandariz e Fran Rei. Unha actuación recomendada para persoas maiores de 12 anos e de acceso totalmente libre e de balde.

 

“Papar sen cancelas” é un espectáculo de comedia, clown e improvisación dirixido por Diego Rey. Durante 75 minutos, polo escenario lousamiá desfilará unha exquisita selección gourmet dos mellores pratos da lingua galega. Risco, Brandariz e Rei, a modo de tres particulares chef, encargaranse de preparar un menú especial para personaxes do máis distinguido do panorama galego actual. A actuación está organizada polo Concello de Lousame, que conta coa colaboración da Deputación Provincial da Coruña.