O Concello de Lousame organiza un obradoiro gratuíto sobre a importancia das normas e os límites para evitar conflitos no ámbito familiar

O Concello de Lousame organiza un obradoiro gratuíto sobre a importancia das normas e os límites para evitar conflitos no ámbito familiar

Escrito el 17/10/2019


O Concello de Lousame convoca o obradoiro familiar “A importancia das normas e os límites para evitar marexadas”, segunda sesión das xornadas formativas “Navegando en Familia”. Unha sesión gratuíta, dirixida a familias e alumnado entre 5º de Primaria e 4º da ESO, e que terá lugar no CPI Plurilingüe Cernadas de Castro o vindeiro martes 22 de outubro, ás 18:30 horas, tras a titoría conxunta das familias da ESO.

 

A concelleira de Igualdade, Silvia Agrafojo, explica que “nesta sesión aprenderemos estratexias e ideas para aprender a fixar unhas normas e uns límites que nos axuden a mellorar a relación cos nosos fillos e fillas adolescentes”. A participación é libre e de balde, sen necesidade de inscrición previa.

 

“A importancia das normas e os límites para evitar marexadas” é a segunda sesión das xornadas formativas “Navegando en Familia”, organizadas polo Concello de Lousame en colaboración co CPI Plurilingüe Cernadas de Castro, coa Secretaría Xeral da Igualdade e do Ministerio da Presidencia, Relacións coas Cortes e Igualdade.