UNHA VINTENA DE PARTICIPANTES NO CURSO BÁSICO DE PROTECCIÓN CIVIL QUE ARRANCA HOXE NO CENTRO CULTURAL LUSTRES RIVAS DE RIVEIRA

UNHA VINTENA DE PARTICIPANTES NO CURSO BÁSICO DE PROTECCIÓN CIVIL QUE ARRANCA HOXE NO CENTRO CULTURAL LUSTRES RIVAS DE RIVEIRA

Escrito el 18/10/2019


Unha vintena de alumnos e alumnas comezaron hoxe a súa aprendixaxe nun curso básico de Protección Civil organizado pola Academia Galega de Seguridade  Pública no municipio de Riveira.

 

Esta tarde tivo lugar no Centro Cultural Lustres Rivas o acto de apertura que contou coa participación de Víctor Vázquez, xefe do servizo de emerxencias na Coruña da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta; Víctor Reiriz, concelleiro de Seguridade Cidadá do Concello; José Francisco Parente, presidente da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Riveira; Francisco Sánchez, presidente de honra desta mesma agrupación; e Marcos Fernández, responsable do Grupo de Apoio e Emerxencias Municipal (GAEM).

 

No curso —o primeiro que se imparte no noso concello dende o 2016- conta con alumnado procede nte de distintos puntos da comarca e outros territorios como Padrón, Ames, Mazaricos ou Carnota. Constará dunha parte teórica e outra práctica, abarcando diversas temáticas como extinción de incendios urbanos e forestais, primeiros auxilios, comunicacións, igualdade, accidentes de tráfico, etc…

 

Desenvolverase nos días 18, 19, 20, 25, 26 e 27 de novembro.