ROSA QUINTANA PON EN VALOR A BOA ACOLLIDA QUE TEN NO MERCADO O SELO DE CALIDADE BERBERECHO DE NOIA

ROSA QUINTANA PON EN VALOR A BOA ACOLLIDA QUE TEN NO MERCADO O SELO DE CALIDADE BERBERECHO DE NOIA

Escrito el 19/10/2019


 

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, participou hoxe en Noia na clausura das IV Xornadas técnicas de exaltación do berberecho e na entrega dos premios Berberechos de honra. Alí destacou o valor do selo Berberecho de Noia, que contribúe a identificar este produto, á súa diferenciación e ao fomento do seu consumo. Neste sentido, destacou a boa acollida deste distintivo no mercado, o que se reflicte, explicou, no volume de descargas e de facturación desta especie.

 

Este bo resultado, engadiu a conselleira, súmanse ao éxito das xornadas que hoxe se clausuran e nas que se entregan os Berberechos de honra, cos que este ano se recoñece o labor dunha mariscadora e dun mariscador xubilados e cunha ampla traxectoria vital e profesional ligada á marisqueira na ría de Muros-Noia. Por último, Rosa Quintana, agradeceu o traballo da confraría de pescadores noiesa no desenvolvemento da promoción do berberecho, un produto de grande importancia para a zona.