LICITADA A REPOSICIÓN DO PAVIMENTO ASFÁLTICO NA ESTRADA DA PERDIGOTEIRA EN ARTES

LICITADA A REPOSICIÓN DO PAVIMENTO ASFÁLTICO NA ESTRADA DA PERDIGOTEIRA EN ARTES

Escrito el 21/10/2019


O Concello de Riveira informa de que saíu a contratación unha nova actuación consistente na reposición do pavimento asfáltico na estrada da Perdigoteira, na parroquia de Artes.

 

A obra ten un orzamento de licitación de 76.544 euros e un prazo de execución de dous meses.

 

O vial obxecto deste proxecto rexistra hoxe en día un firme de calzada en aglomerado asfáltico bastante de deteriorado, especialmente nalgúns tramos. O obxectivo principal que se persegue reside en mellorar o firme a través dunha capa de aglomerado asfáltico en quente de seis centímetros de espesor.

 

Con tal motivo, o proxecto técnico conleva a limpeza das marxes e acondicionamento da superficie, a aplización da capa de mestura bituminosa en quente de 6 centímetros de espesor nunha superficie de 866 toneladas, o recrecido de tapas de rexistro á cota do novo pavimento e o pintado da sinalización viaria.

 

As empresas interesadas dispoñen ata o 28 de outubro á medianoite para presentar as súas ofertas a través da Plataforma de Contratos de Galicia.