LICITADA A INSTALACIÓN DUN SISTEMA DE CARTERLERÍA DIXITAL PARA PROPORCIONAR INFORMACIÓN DE EVENTOS, MUNICIPAL E TURÍSTICA NA CIDADE DE RIVEIRA

LICITADA A INSTALACIÓN DUN SISTEMA DE CARTERLERÍA DIXITAL PARA PROPORCIONAR INFORMACIÓN DE EVENTOS, MUNICIPAL E TURÍSTICA NA CIDADE DE RIVEIRA

Escrito el 23/10/2019


O Concello de Riveira informa da licitación dunha actuación dirixida ao subministro, instalación, conexión, posta en servizo e explotación dun Sistema de Cartelería Dixital que persegue ofrecer á cidadanía información relevante sobre eventos, municipal e turística por medio de seis paneis de alta resolución, tres interiores e tres exteriores.

 

Esta iniciativa enmárcase dentro da EDUSI Máis Riveira Atlántica 2020, financiada nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional dentro do Programa Operativo Plurirrexional de España (POPE) 2014-2020. Adscríbese a liña de actuación deste plan denominada Modernización da Administración e Smart Village Riveira.

 

Está previsto que os paneis sexan instalados no interior da Casa Consistorial, no hall de entrada do Mercado Municipal e no hall do Complexo Polideportivo da Fieiteira e, tocante ao exterior, nas fachadas do Concello e da Sala Museo Municipal e no entorno da Oficinal Municipal de Turismo.

 

Trátase de paneis de información de alta resolución e gran formato, intelixentes e conectados “on line” mediante un reprodutor multimedia de contidos, capaz de transmitir fotos, vídeos, pdf, audio, redes sociais, páxinas html, etc… Estarán controlados mediante unha Plataforma Software de Control e Xestión de Contidos instalada en Cloud (nube).

 

Con este sistema preténdese:

 

  • Dispoñer dunha canle de comunicación para transmitir todo tipo de información sobre actividades culturais, campañas, eventos, feiras, lugares de interese para visitar…
  • Server ademais para emitir información emanada dos propios cidadáns, como por exemplo eventos de asociacións, etc.

 

As pantallas a subministrar deberán integrarse coa estética dos edificios e do entorno en que se instalen.

 

Ofertas ata o 4 de novembro

O prezo base de licitación son 116.668,20 euros e os interesados poden formular as súas ofertas de xeito telemático na Plataforma de Contratos Públicos de Galicia ata o 4 de novembro á medianoite.

 

O tipo de contrato será dos denominados “chave en man”, que asegure a realización da entrega totalmente equipada e en perfecto estado de funcionamento.

 

Máis información en:

https://www.contratosdegalicia.gal/licitacion?N=610551&OR=265&ID=801&S=C&lang=gl