A DEPUTACIÓN CONMINA AO CONCELLO A CAMBIAR POR OUTRA OBRA A AMPLIACIÓN DA ESTRADA ENTRE O CAMPO DE OLEIROS E BALTEIRO INCLUÍDA NO POS

A DEPUTACIÓN CONMINA AO CONCELLO A CAMBIAR POR OUTRA OBRA A AMPLIACIÓN DA ESTRADA ENTRE O CAMPO DE OLEIROS E BALTEIRO INCLUÍDA NO POS

Escrito el 23/10/2019


O Concello de Riveira vén de recibir un escrito da Deputación da Coruña no que lle conmina a que a actuación consistente na ampliación da estrada DP-7303 entre o campo de fútbol de Oleiros e Balteiro, que fora incluída no Plan de Obras e Servizos 2019 dentro do Plan Adicional, sexa substituída por outro investimento ao estar focalizada tal intervención nunha estrada de competencia provincial.

 

A tal efecto, dende o Concello estanse a valorar diversas alternativas, que en todo caso deberán ser adoptadas en sesión plenaria da Corporación municipal.