LICITADA Á APLICACIÓN DUN NOVO AGLOMERADO ASFÁLTICO NA RÚA ATALAIA, UN DOS PRINCIPAIS VIAlS DE ENTRADA E SAÍDA A CORRUBEDO

LICITADA Á APLICACIÓN DUN NOVO AGLOMERADO ASFÁLTICO NA RÚA ATALAIA, UN DOS PRINCIPAIS VIAlS DE ENTRADA E SAÍDA A CORRUBEDO

Escrito el 24/10/2019


O Concello de Riveira informa da licitación consistente na dotación de novo aflomerado á rúa Atalaia en Corrubedo, unha das máis transitadas do pobo ao servir como un dos principais viais de entrada e saída de tráfico rodado ao pobo.

 

O orzamento desta actuación ascende a un total de 51.627 euros, IVE incluído, financiados no marco do POS provincial.

 

Na actualidade, o pavimento desta rúa está bastante deteriorado, razón pola cal se elaborou un proxecto dirixido a mellorar o firme cunha nova pavimentación asfáltica de 6 centímetros de espesor por unha extensión de 1.018 metros cadrados, previo fresado parcial do actual pavimento e limpeza das marxes.

 

O prazo de execución son dous meses.

 

As empresas interesadas dispoñen ata o vindeiro 28 de outubro á medianoite para presentar as súas ofertas.