O GRUPO MUNICIPAL DE TEATRO DE RIVEIRA VIAXA AO MUNICIPIO DE TEO PARA INTERPRETAR ESTE SÁBADO A OBRA “COUSAS DE CASTELAO”

O GRUPO MUNICIPAL DE TEATRO DE RIVEIRA VIAXA AO MUNICIPIO DE TEO PARA INTERPRETAR ESTE SÁBADO A OBRA “COUSAS DE CASTELAO”

Escrito el 24/10/2019


O Grupo Municipal de Teatro de Riveira vai viaxar este sábado 26 ao municipio de Teo para participar no programa Outono Teatral organizado por este concello.

 

As máis de vinte actrices e actores afeccionados que compoñen o elenco, baixo a dirección de Óscar Romero, interpretarán a obra “Cousas de Castelao”, estreada con gran éxito en setembro do pasado ano no marco da Mostra de Teatro de Riveira e que logo foi obxecto doutras representacións, sobresaíndo os sketches na rúa celebrados no marzal pasado para conmemorar o Día Mundial do Teatro.

 

A función deste sábado dos riveirenses terá lugar no Auditorio Constante Liste ás 21.30 horas. Nesa mesma xornada, ás 12 horas, haberá unha primeira actuación a cargo Animar-Te co título “Onde está o vento?”.  Desenvolverase na Mediateca do Grilo e está dirixida a bebés de 0 a 3 anos.