LICITADA A PAVIMENTACIÓN DE TRES CAMIÑOS NO LUGAR DE SIRVES NA PARROQUIA DE OLVEIRA

LICITADA A PAVIMENTACIÓN DE TRES CAMIÑOS NO LUGAR DE SIRVES NA PARROQUIA DE OLVEIRA

Escrito el 25/10/2019


O Concello de Riveira informa da licitación dunha nova actuación consistente na pavimentación de camiños no lugar de Sirves na parroquia de Olveira.

 

Trátase dunha iniciativa cunha importante inversión: 182.411 euros. Está financiada no marco do POS Provincial e o seu prazo de execución ascende a tres meses.

 

O obxectivo que se persegue con este proxecto consiste en mellorar os firmes actuais de tres viais a base dunha nova pavimentación asfáltica en quente de entre cinco e seis centímetros de espesor. Con tal motivo, será preciso estender un total de 11.000 toneladas dunha mestura bituminosa.

 

As empresas interesadas dispoñen ata o luns 28 de marzo á medianoite para formular as súas ofertas.