A XUNTA AXUDICA A REDACCIÓN DO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA SENDA QUE CONECTE A CASILLA, O ARAÑO E BURÉS, EN RIANXO, PARA FACILITAR A MOBILIDADE DOS VECIÑOS

A XUNTA AXUDICA A REDACCIÓN DO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA SENDA QUE CONECTE A CASILLA, O ARAÑO E BURÉS, EN RIANXO, PARA FACILITAR A MOBILIDADE DOS VECIÑOS

Escrito el 26/10/2019


A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través da Axencia Galega de Infraestruturas, vén de adxudicar o contrato de redacción do proxecto para construír unha senda na parroquia do Araño, en Rianxo, que facilitará a mobilidade dos veciños.

 

O contrato foi adxudicado a L2 Ingeniería y Consulting por un investimento de máis de 18.000 euros e conta cun prazo de execución duns seis meses.

 

Este itinerario desenvolverase ao longo da estrada autonómica AC-305 e permitirá conectar en condicións de maior seguridade o treito entre os núcleos da Casilla, O Araño e Burés.

 

A execución desta senda peonil ten como obxectivo incrementar a seguridade viaria e favorecer os desprazamentos cotiás neste tramo da citada vía no concello rianxeiro.

 

O itinerario posibilitará un percorrido formalización dun itinerario peonil continuado da lonxitude que se estime precisa, e a comunicación na entorna dos núcleos de poboación da Casilla, Araño e Burés.