A Deputación da Coruña aproba as bases do Plan Único 2020, cunha achega inicial de 47,2 millóns de euros para os 93 concellos da provincia

A Deputación da Coruña aproba as bases do Plan Único 2020, cunha achega inicial de 47,2 millóns de euros para os 93 concellos da provincia

Escrito el 25/10/2019


O pleno da Deputación da Coruña aprobou hoxe, cos votos favorables de PSdeG-PSOE, BNG, Marea Atlántica e Alternativa dos Veciños e abstención do PP, as bases reguladoras do Plan Único do vindeiro ano (POS+2020), que distribuirá inicialmente 47,2 millóns de euros entre os concellos coruñeses.

 

Trátase da achega inicial do Plan Único 2020, que como todos os anos irá incrementándose progresivamente ao longo do exercicio coa incorporación de remanentes, pero permite aos 93 concellos da provincia planificar os seus orzamentos municipais e investimentos de cara ao vindeiro ano, ao contar xa dende hoxe cunha previsión mínima de ingresos por parte da Deputación que poderán destinar, en función das súas necesidades, á execución de obras, ao financiamento de parte do gasto corrente dos seus servizos básicos, ou a sanear as economías municipais amortizando débeda con provedores ou entidades bancarias.

 

O Plan Único, creado en 2017 polo Goberno provincial que preside Valentín González Formoso, unifica os antigos plans de investimentos da Deputación da Coruña e 11 liñas de subvencións nunha única convocatoria anual, permitindo aos concellos non só unha mellor planificación, senón maior axilidade na tramitación, máis autonomía local para decidir en qué invisten os fondos provinciais e total transparencia na asignación de recursos, xa que os fondos do POS+ distribúense en base a criterios obxectivos como a poboación, superficie, número de parroquias e esforzo fiscal de cada concello.

 

Como novidade, as bases de este ano permiten, por primeira vez, que os concellos en situación de risco finaceiro (cunha débeda viva superior ao 200% dos seus ingresos correntes, podan destinar ao financiamento dos seus gastos correntes a totalidade dos fondos que perciben do Plan Único, a excepción dos fondos de préstamo, que só poden ser destinados a investimento ou amortización de débeda.

 

 

 

Os 93 concellos da provincia teñen de prazo ata o 19 de decembro para solicitar á Deputación os proxectos que queren financiar con cargo ao POS+2020.

 

1.697 obras nos concellos e saneamento das economías municipais 

 

Ademáis de contribuír a mellorar e renovar as infraestruturas municipais  financiando un total de 1.697 obras nos 93 concellos da provincia , o Plan Único está axudando a mellorar notablemente as economías municipais. En tres anos, o plan permitiu aos concellos amortizar 10,78 millóns de débeda cos bancos e a pagar aos seus provedores débedas por importe de 7,84 millóns de euros, segundo explicou o portavoz do Goberno provincial, Bernardo Fernández.

 

A mellora da situación económica dos concellos xa se deixa notar nas peticións de fondos que realizan os propios municipios. Dende a creación do Plan Único diminuiron nun 77% as peticións para amortización de débeda, (pasando de 5,4 millóns en 2017 a só 1,2 millóns en 2019) e nun 65 % no caso das solicitudes para pago a provedores, o que indica que os municipios necesitan cada vez menos recorrer a estas axudas.

 

Doutra banda, os investimentos siguen incrementándose, pasando de 509 obras no POS+2017 ás máis de 700 obras no POS+2019.

 

Debate no pleno

 

O portavoz do PSOE, Bernardo Fernández, destacou que plan demostrou ser un “instrumento útil” para os concellos . “A realidade constatou que os concellos coruñeses reciben agora co Plan Único máis fondos dos que recibían antes”, afirmou o voceiro socialista, que agradeceu “o cambio de tono do PP” con respecto ao plan.

 

“O espírito do Plan Único é que os concellos decidan en qué queren investir os fondos que lles achega a Deputación e que estes cartos se distribúan en base a criterios obxectivos e non partidistas”, apuntou Fernández.

 

Pola súa banda, o vicepresidente Xosé Regueira destacou que se trata dun “plan dinámico”, que incrementa os fondos ao longo do exercicio e transfire directamente aos concellos cada ano arredor da metade do orzamento total da Deputación.

 

 

 

Regueira afirmou que, aínda que o Plan Único de 2020 parte con 7 millóns de euros menos que o ano pasado, os feitos demostran que “canto menos foi a achega inicial do plan, maior foi o investimento final”. Así, lembrou que o POS+2019 “comezou con menos fondos que en 2018 e rematou cun investimento de máis de 100 millóns de euros, o maior ata o momento”.

 

Pola súa banda, o portavoz do Grupo Popular, Evaristo Ben Otero, lembrou que os fondos de préstamo aos concellos para redución de débeda comezaron en anteriores mandatos do Plan de Aforro e Investimento (PAI) e “non ten sentido que se inclúan nun plan de obras”.

 

O portavoz popular pediu tamén “eliminar a burocracia na maior medida posible” e que as baixas das licitacións das obras sexan xestionadas directamente polos concellos.

 

 

ASIGNACIÓN ECONÓMICA POR MUNICIPIOS E COMARCAS

 

PLAN ÚNICO POS+2020

 

 

COMARCA DA CORUÑA- AS MARIÑAS

Abegondo

507.372,86

Aranga

408.785,56

Arteixo

1.103.937,70

Bergondo

366.358,92

Betanzos

461.843,83

Cambre

798.530,01

Carral

376.180,91

Coirós

229.316,36

Coruña (A)

324.566,88

Culleredo

964.904,84

Curtis

434.360,61

Irixoa

293.293,95

Miño

347.235,83

Oleiros

1.031.425,63

Paderne

269.279,11

Sada

542.331,40

Sobrado

439.717,61

Vilasantar

290.007,51

Oza-Cesuras

737.963,89

TOTAL

9.927.413,41

 

 

 

 

 

COMARCA DE SANTIAGO

Ames

1.021.278,10

Arzúa

701.266,42

Baña (A)

463.554,24

Boimorto

384.255,05

Boqueixón

422.963,45

Brión

469.315,07

Dodro

221.693,38

Frades

381.086,05

Melide

656.812,72

Mesía

436.394,84

Negreira

594.624,20

Ordes

781.805,77

Oroso

477.624,56

Padrón

404.247,25

Pino (O)

554.011,46

Rois

454.107,66

Santa Comba

843.404,32

Santiago de Compostela

1.084.932,61

Santiso

372.454,36

Teo

753.483,43

Toques

330.829,78

Tordoia

477.691,82

Touro

531.060,32

Trazo

429.892,24

Val do Dubra

469.189,90

Vedra

387.734,74

TOTAL

14.105.713,74

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

COMARCA DE FERROL

Ares

270.070,40

Cabanas

270.699,37

Capela (A)

240.154,33

Cedeira

459.976,79

Cerdido

225.902,88

Fene

487.982,33

Ferrol

534.845,17

Mañón

322.619,01

Moeche

237.534,88

Monfero

527.009,47

Mugardos

278.259,08

Narón

1.148.231,77

Neda

269.174,00

Ortigueira

816.310,76

Pontedeume

375.063,07

As Pontes

986.037,85

San Sadurniño

393.438,90

Somozas (As)

320.587,53

Valdoviño

462.287,84

Vilarmaior

200.648,28

Cariño

297.081,99

TOTAL

9.123.915,70

 

 

 

 

COMARCA DE BERGANTIÑOS- COSTA DA MORTE

 

Cabana de Bergantiños

450.387,92

Camariñas

337.227,97

Carballo

1.300.591,56

Cee

408.314,79

Cerceda

502.356,47

Corcubión

137.281,05

Coristanco

615.854,20

Dumbría

463.461,19

Fisterra

261.447,18

Laxe

261.455,37

Laracha (A)

683.169,29

Malpica de Bergantiños

385.206,77

Muxía

532.319,59

Ponteceso

494.098,71

Vimianzo

729.073,57

Zas

575.577,90

TOTAL

8.137.823,53

 

 

 

 

COMARCA DE BARBANZA

 

Boiro

736.196,98

Carnota

348.431,72

Lousame

386.487,07

Mazaricos

644.644,50

Muros

475.751,08

Noia

506.486,87

Outes

497.165,62

Pobra do Caramiñal (A)

385.261,27

Porto do Son

550.646,08

Rianxo

485.728,17

Ribeira

888.334,26

TOTAL

5.905.133,62