MANUEL DIESTE A TÍTULO PÓSTUMO E PROTECCIÓN DE CIVIL DE RIVEIRA FORON DISTINGUIDOS POLA ASOCIACIÓN NACIONAL DE AGRUPACIÓNS

MANUEL DIESTE A TÍTULO PÓSTUMO E PROTECCIÓN DE CIVIL DE RIVEIRA FORON DISTINGUIDOS POLA ASOCIACIÓN NACIONAL DE AGRUPACIÓNS

Escrito el 28/10/2019


A Academia Galega de Seguridade Pública na Estrada acolleu esta fin de semana unha cerimonia na que foi recoñecido o labor de máis dunha vintena de voluntarios e 29 agrupacións de Protección Civil nun acto promovido pola Asociación Nacional de Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil.

 

Entre os distinguidos figuraron quen fora fundador da entidade riveirense, Manuel Dieste Mos, coa Cruz de Servizos Distinguidos na categoría de ouro, outorgada a título póstumo. Tamén a propia Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Riveira foi premiada polo seu labor exemplar coa Placa ao Mérito na súa categoría de ouro.

 

O acto contou coa presenza, entre outros, do alcalde Manuel Ruiz; o concelleiro de Seguridade Víctor Reiriz; o presidente de honra de Protección Civil de Riveira, Francisco Sánchez; e o presidente actual, José Francisco Parente, ademais da nai e a irmá de Manuel Dieste.

 

“Este é un aliciente para continuar co traballo constante e de servizo desinteresado a toda a sociedade por e para a seguridade de Riveira e demais Concellos nos que vimos desempeñando o noso labor desde que o fundador deste servizo, Manolo Dieste, impulsou a creación de Protección Civil Riveira”, sinalaron dende a agrupación riveirense.