CURSO PARA PERSOAS DESEMPREGADAS SOBRE ATENCIÓN SOCIOSANITARIA NO DOMICILIO

CURSO PARA PERSOAS DESEMPREGADAS SOBRE ATENCIÓN SOCIOSANITARIA NO DOMICILIO

Escrito el 28/10/2019


O municipio de Riveira vai acoller a partir do vindeiro mes de decembro a un curso para desempregados sobre atención sociosanitaria a persoas no domicilio.

 

Esta acción está organizada polo Concello en colaboración coa Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia e consta dun total de 15 prazas. Celebrarase do 9 de decembro ao 10 de xuño nas aulas formativas da rúa Cristóbal Colón e comprende un total de 618 horas, 120 das cales son prácticas nalgunha empresa, entidade ou concello da contorna.

 

As persoas interesadas poden dirixirse á Oficina de Desenvolvemento Local sita na área de Atención Cidadá no andar baixo do Consistorio.

 

Ademais de estar en situación de busca de emprego, para realizar a acción cómpre posuír a ESO ou equivalente. Aquelas persoas que superen o curso recibirán un certificado de profesionalidade nivel II.