COMEZAN AS OBRAS PARA PAVIMENTAR AS RÚAS POMBAL E CERVANTES NA CIDADE DE RIVEIRA

COMEZAN AS OBRAS PARA PAVIMENTAR AS RÚAS POMBAL E CERVANTES NA CIDADE DE RIVEIRA

Escrito el 29/10/2019


O Concello de Riveira informa do inicio dunha nova obra consistente na pavimentación das rúas Pombal e Cervantes, ambas situadas na cidade de Riveira.

 

A actuación está sendo executada pola empresa Construcións Fermín Simal, S.L. e comporta un investimento de 21.719 euros. Había 16 ofertas presentadas.

 

A día de hoxe, as vías obxecto da actuación rexistran un pavimento de formigón en mal estado como consecuencia da súa antigüidade e dos sucesivos traballos de reparación de servizos domésticos. O que se pretende co novo proxecto que está adscrito ao POS da Deputación reside en aplicar un novo pavimento, consistente en ambas casos na colocación de adoquín de formigón máis un bordillo de formigón pulido.

 

O período de execución das obras ascende a dous meses.