Novas Xeracións Noia presenta aos novos dirixentes da agrupación político-xuvenil

Novas Xeracións Noia presenta aos novos dirixentes da agrupación político-xuvenil

Escrito el 29/10/2019


Novas Xeracións Noia vén de presentar aos novos dirixentes da agrupación, que estará presidida por David Neira Sieira e que aspira a converterse “na referencia da mocidade local, con distintas iniciativas que recollan o sentir do sector máis novo, preocupados e comprometidos con Noia e o seu futuro”. David Neira estará acompañado na executiva por Carlos Moledo Fernández, Noel Antelo Pan, Alba Miguéns García e Yeray Martínez Abeijón.

 

O acto de presentación dos novos dirixentes de Novas Xeracións Noia tivo lugar na sala de conferencias do edificio administrativo do Espírito Santo o pasado sábado, ao que acudiron o presidente autonómico de NNXX, Adrián Pardo López; a coordinadora autonómica de NNXX, Eugenia Vizcaíno; e o presidente provincial de NNXX, Xosé Miguel Mahía Prados. Así mesmo, asistiron representantes das agrupacións de Lugo, Ferrol, A Coruña e A Pobra, así como unha nutrida representación do PP de Rianxo.

 

Por parte do Partido Popular de Noia asistiron o presidente local, Julio Bustelo; os dous presidentes de honra, María Abeijón e Antonio Insua; así como o candidato e alcalde noiés, Santiago Freire Abeijón; á fronte de distintos membros do grupo municipal popular, militantes e familiares dos novos dirixentes de Novas Xeracións Noia.

 

O acto serviu tamén para agradecer o labor levado a cabo polo presidente de NNXX Noia durante os últimos 5 anos, Pablo Carou. Finalmente, Álex Núñez recibiu un merecido recoñecemento á súa dilatada traxectoria nas Novas Xeracións Noia, tras colaborar coas tres últimas agrupacións da localidade.