RIVEIRA CELEBRA AS FESTAS DE SAMAÍN E HALLOWEEN NA CARPA DE USOS MÚLTIPLES

RIVEIRA CELEBRA AS FESTAS DE SAMAÍN E HALLOWEEN NA CARPA DE USOS MÚLTIPLES

Escrito el 30/10/2019


Baixo a organización do Concello de Riveira e a Asociación Alfaia, o espazo de usos múltiples municipal situado fronte ao mercado vai ser escenario esta fin de semana dunha programación destinada a celebrar o Samaín e o Halloween.

 

O calendario de eventos dará comezo o venres 1 de novembro ás 18 horas co acto inaugural, momento que servirá de dar o pistoletazo de saída a interesantes actividades especialmente dirixidas aos pequenos e pequenas.

 

Así, o venres de 18 a 21 horas e o sábado e o domingo de 12 a 21 horas terá lugar unha exposición de cabazas. O sábado de 16 a 20 horas terán lugar obradoiros de maquillaxe e, como momento estelar, o domingo de 17 a 20 horas haberá un baile de disfraces con premios pola orixinalidade, composición, creatividade, etc…

 

Todas as actividades son gratuítas.