O CONCELLO ABRE A TODAS AS PARROQUIAS A POSIBILIDADE DE CELEBRAR CURSOS DE INFORMÁTICA CON CINCO ALTERNATIVAS

O CONCELLO ABRE A TODAS AS PARROQUIAS A POSIBILIDADE DE CELEBRAR CURSOS DE INFORMÁTICA CON CINCO ALTERNATIVAS

Escrito el 31/10/2019


O Concello de Riveira informa da apertura de inscricións para a celebración de cursos de informática para adultos nas distintas parroquias que compoñen o noso municipio, con cinco posibilidades:

 

  • Iniciación á informática (duración: 15 horas)
  • Iniciación Libre Office (15 horas)
  • Retoque fotográfico (15 horas)
  • Iniciación ao teléfono móbil (6 horas)
  • Sede electrónica (6 horas)

 

As persoas que desexen anotarse poden facelo na Aula CeMIT de Riveira (teléfono: 981 876 043).

 

Para celebrar estas accións formativas cómpre ter un mínimo de 5 persoas inscritas (máximo: 8). Unha vez xuntado este mínimo, concretaranse tanto as datas como o curso concreto a impartir entre as cinco alternativas existentes en función da demanda.

 

Os cursos están promovidos pola Concellería de Innovación Tecnolóxica que dirixe Ana Barreiro e contan coa colaboración da Xunta de Galicia.