A Deputación da Coruña estudará fórmulas para colaborar na axuda alimentaria aos campamentos de persoas refuxiadas saharauís

A Deputación da Coruña estudará fórmulas para colaborar na axuda alimentaria aos campamentos de persoas refuxiadas saharauís

Escrito el 31/10/2019


A Deputación da Coruña iestuda incrementaro seu apoio aos campamentos de persoas refuxiadas saharauís coa axuda alimentaria, segundo acordaron o vicepresidente Xosé Regueira e representantes da Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí (SOGAPS) . A Deputación colabora xa coa entidade participando no programa Vacacións en Paz.

 

O vicepresidente da Deputación da Coruña, Xosé Regueira, comprometeuse cos representantes de SOGAPS a estudar novas vías de colaboración para participar no proxecto de axuda alimentaria para os campamentos de refuxiados saharauís que a organización desenvolve. Desde a Asociaciónón´n transmitíronlle que a avaliación o Alto Comisariado de Nacións Unidas para os Refuxiados (ACNUR) e o Programa Mundial de Alimentos (PAM) concluíron que a axuda humanitaria ao Pobo Saharauí non cobre o 50% da poboación refuxiada e seguen dependendo da solidariedade internacional. Alertan tamén sobre o incremento da desnutrición e anemia o que xunto coa redución de achegas do Programa Mundial de Alimentos conduce a un agravamento da situación.

 

"A Deputación vaise comprometer a facer achegas a este programa de axuda alimentaria porque é obriga das institucións contribuír na medida das súas posibilidades a colaborar con pobos que, como o saharauí, son vítimas de situacións inxustas e terríbeis que se prolongan xa durante moito tempo", apuntou o vicepresidente da Deputación, Xosé Regueira. Sinalou tamén que o novo proxecto que presenta SOGAPS diríxese directamente ás necesidades primarias, ao que se coñece como "canastra básica" e actívase con urxencia xa que os produtos alimentarios non están chegando na cantidade precisa á poboación refuxiada.

 

"É dramático e terribelmente inxusto que o pobo saharauí estea a pasar unha situación tan dura sen que pase nada a nivel internacional por iso consideramos que unha institución como a nosa ten que contribuír non só á colaborar nesa axuda alimentaria senón tamén a difundir o que está a acontecer nos campamentos de refuxiados saharauís", sinalou tamén Xosé Regueira.

 

SOGAPS  creouse en 1991 ten como obxectivo mellorar as condicións de vida tanto das persoas refuxiadas saharauís como da poboación residente no Sáhara occidental ocupada por Marrocos. Nas súas actividades inclúense iniciativas de sensibilización da poboación e proxectos de cooperación ao desenvolvemento, de axuda humanitaria e emerxencia e proxectos sanitarios e de formación.

 

Até o de agora, a Deputación da Coruña colaboraba coa Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí con programa "Vacacións en Paz" que cada ano traslada a concellos galegos nenos e nenas saharauís procedentes dos campamentos de Tindouf para pasar os dous meses de verán.

 

 

Gabinete de Prensa
Deputación da Coruña