UNHA NOVA VECIÑA CENTENARIA EN RIVEIRA

UNHA NOVA VECIÑA CENTENARIA EN RIVEIRA

Escrito el 04/11/2019


A veciña de Santa Uxía de Riveira Áurea Santos Lijó vén de cumprir cen anos de vida e con tal motivo os seus achegados quixeron conmemorar onte domingo esta excepcional efeméride cunha misa na igrexa parroquial proseguida dunha comida familiar.

 

Ata o templo parroquial achegáronse tamén o alcalde Manuel Ruiz e a concelleira de Servizos Sociais, Ana Ruiz, para felicitar no nome do Concello a Áurea. Como vén sendo tradicional, os representantes locais agasallaron á centenaria cunha placa conmemorativa e un ramo de flores.