O Concello de Lousame ofrece mañá martes unha sesión formativa gratuíta sobre como xestionar as emocións coas crianzas

O Concello de Lousame ofrece mañá martes unha sesión formativa gratuíta sobre como xestionar as emocións coas crianzas

Escrito el 04/11/2019


O Concello de Lousame organiza mañá martes 5 de novembro, ás 17:20 horas, unha sesión formativa gratuíta sobre como xestionar as emocións cosas crianzas, que terá lugar na aula de usos múltiples do CPI Plurilingüe Cernadas de Castro. Dirixido a familias e alumnado dende 5º de Primaria ata 4º ESO, a participación é libre e de balde, sen necesidade de inscrición previa.

 

A concelleira de Igualdade, Silvia Agrafojo, explica que “o obxectivo desta sesión é aprender a manexar as emocións na familia, sobre todo nos momentos de conflito, xa que a miúdo nos centramos máis en que os nosos fillos e fillas aprendan comportamentos e valores, deixando a un lado o importante papel que xogan as emocións nas nosas vidas”.

 

Esta é a terceira sesión do programa “Navegando en familia”, é unha iniciativa formativa organizada polo Concello de Lousame ao abeiro do “Programa de sensibilización en igualdade e prevención da violencia de xénero”, que conta co apoio do CPI Plurilingüe Cernadas de Castro, da Secretaría Xeral da Igualdade e do Ministerio da Presidencia, Relacións coas Cortes e Igualdade.