APROBADA A CONCESIÓN DE AXUDAS A SETE ORGANIZACIÓNS CONTRA A EXCLUSIÓN SOCIAL QUE OPERAN EN RIVEIRA POR UN TOTAL DE 32.000€

APROBADA A CONCESIÓN DE AXUDAS A SETE ORGANIZACIÓNS CONTRA A EXCLUSIÓN SOCIAL QUE OPERAN EN RIVEIRA POR UN TOTAL DE 32.000€

Escrito el 04/11/2019


A xunta de goberno local deu luz verde á aprobación das achegas destinadas a sete organizacións de carácter social que operan no noso municipio: A Creba, Ambar, Amicos, Amigos de Galicia, Cáritas, Faibén, e Renacer.

 

O obxecto de tales axudas, que se materializarán a través da sinatura de cadanseus convenios de colaboración coas distintas entidades, reside en diminuír os factores que conduzan a situacións de exclusión social, apoiando accións orientadas á mellora da saúde psicosocial e a calidade de vida de colectivos como a infancia e demais persoas vulnerables.

 

O importe global destas axudas ascende a un total de 32.000 euros entre as sete beneficiadas.

 

Os programas ou iniciativas apoiadas a través destas achegas son: na asociación A Creba, o programa de transporte de usuarios; na asociación Ambar, o programa “Vivindo na comunidade”; na asociación Amicos, o servizo de atención psicopedagóxica; en Cáritas, a cobertura de necesidades básicas; na fundación Amigos de Galicia, a loita contra a pobreza e a exclusión; na fundación Faibén, o proxecto “Contigo”; e na Asociación Antidroga Renacer, o programa de prevención no eido das drogodependencias.