UNHA VINTENA DE MAIORES PARTICIPANTES NOS TALLERES DE MEMORIA VISITAN A EXPOSICIÓN “O LABOR EN SILENCIO” NO MUSEO DE RIVEIRA

UNHA VINTENA DE MAIORES PARTICIPANTES NOS TALLERES DE MEMORIA VISITAN A EXPOSICIÓN “O LABOR EN SILENCIO” NO MUSEO DE RIVEIRA

Escrito el 06/11/2019


Unha vintena de veciños participantes no obradoiro de estimulación cognitiva (“taller de memoria”) incardinado no Programa de Dinamización dos Nosos Maiores fixeron unha visita á Sala Museo Municipal de Riveira para visitar a exposición “O labor en silencio”, que plasma a través de medio cento de fotografías o papel da muller no mundo laboral ao longo do século XX.

 

A devandita visita adscríbese á intención por parte das persoas docentes de traballar cos maiores sobre do rol da muller e o traballo a mediados do século pasado tomando como referencia a mostra de instantáneas.

 

“O labor en silencio” estará aínda aberta ata finais de novembro.