LÓPEZ MARQUÉS OFRECERÁ UNHA CHARLA SOBRE OS NOBEL DE LITERATURA EN LINGUA HISPANA PARA CLAUSURAR A EXPOSICIÓN DA BIBLIOTECA

LÓPEZ MARQUÉS OFRECERÁ UNHA CHARLA SOBRE OS NOBEL DE LITERATURA EN LINGUA HISPANA PARA CLAUSURAR A EXPOSICIÓN DA BIBLIOTECA

Escrito el 08/11/2019


O vindeiro xoves día 14, ás oito da tarde, o profesor de Lingua e Literatura Española Xabier López Marqués impartirá unha conferencia no Centro Cultural Lustres Rivas sobre os premios Nobel de literatura en lingua hispana, acto co que se clausurará a exposición bibliográfica homónima que está presente na Biblioteca Municipal desde o 1 de outubro.

 

A mostra exhibe obras dos once premiados en lingua española: José Echegaray, Jacinto Benavente, Juan Ramón Jiménez, Vicente Aleixandre, Camilo José Cela, Gabriela Mistral, Miguel Ángel Asturias, Pablo Neruda, Gabriel García Márquez, Octavio Paz e Mario Vargas Llosa, así como carteis conmemorativos con textos de cada un dos citados escritores.