REPRESENTANTES DO SECTOR MAR-INDUSTRIA REÚNENSE CO ALCALDE PREOCUPADOS POLA REFORMA DO REGULAMENTO DE COSTAS

REPRESENTANTES DO SECTOR MAR-INDUSTRIA REÚNENSE CO ALCALDE PREOCUPADOS POLA REFORMA DO REGULAMENTO DE COSTAS

Escrito el 08/11/2019


Representantes do sector do mar-industria alimentaria mantiveron este mediodía unha reunión co alcalde Manuel Ruiz co obxecto de expresar a súa preocupación ante o borrador do proxecto de reforma do Regulamento Xeral de Costas.

A devandita reunión enmárcase nunha ronda de contactos que estas organizacións están a manter cos alcaldes e alcaldesas de concellos costeiros galegos nos que existe unha maior presenza deste sector para que teñan unha mellor compresión da situación existente, así como para recabar os apoios dos entes locais como partes prexudicadas por un proxecto de reforma que está en curso e ao que o sector está alegando.

Os reunidos con Manuel Ruiz foron Roberto Fariña, presidente de Agade (Asociación Galega de Depuradores e Comercializadores de Molusco); Jordi Trías en representación do Cluster de Aculcultura; José Antonio Pérez Sieira, presidente da Federación Galega de Confrarías e patrón maior de Riveira; e Fernando Otero, asesor xurídico.

En días anteriores mantiveron entrevistas cos rexedores de Camariñas, Muxía, Carnota e Cervo e proximamente teñen previsto celebrar máis reunións con outros gobernantes locais.