Chrystyan Magic pechará este domingo a cuarta edición do Festimaxia de Lousame coa derradeira posta en escena de “Kandor”

Chrystyan Magic pechará este domingo a cuarta edición do Festimaxia de Lousame coa derradeira posta en escena de “Kandor”

Escrito el 29/11/2019


A Casa da Cultura de Lousame acollerá este domingo 1 de decembro, ás 18:00 horas, a derradeira actuación da cuarta edición do Festimaxia Lousame, que este ano trouxo tamén ao municipio ao Mago Teto e ao Mago Román. Chrystyan Magic será o encargado de poñer o broche de ouro ao programa co seu espectáculo “Kandor”. A entrada será libre e de balde ata completar aforo.

 

A concelleira de Cultura, Silvia Agrafojo, destaca a gran acollida que están a ter estas actuacións e convida á veciñanza a asistiren este domingo á posta en escena de “Kandor” xa que “será a derradeira ocasión na que se poida desfrutar deste espectáculo, xa que Lousame será o derradeiro escenario no que Chrystyan Magic porá en escena esta actuación”. O IV Festimaxia Lousame está organizado polo Concello de Lousame e conta coa colaboración da Deputación Provincial da Coruña.