A Deputación da Coruña aproba dúas novas liñas do PEL para potenciar a creación de emprego para a mocidade no rural


A Deputación da Coruña aproba dúas novas liñas do PEL para potenciar a creación de emprego para a mocidade no rural

Escrito el 02/12/2019


O pleno da Deputación da Coruña aprobou hoxe por unanimidade dúas novas liñas do Plan de Empleo Local (PEL) destinadas a potenciar a posta en marcha de proxectos empresariais e a creación de emprego para a mocidade nos concellos máis pequenos e rurais da provincia da Coruña.

 

As novas liñas PEL-Rurinnova e PEL-Relevo suman un investimento global de 918.000 euros, cofinanciados nun 91% polo Fondo Social Europeo (FSE), e teñen como obxectivo apoiar a inserción laboral, o autoemprego e o emprendemento entre os mozos e mozas de menos de 30 anos dos concellos coruñeses con poboación inferior aos 5.000 habitantes ou naqueles muncipios con menos de 10.000 habitantes que presenten un saldo demográfico negativo na última década.

 

A Deputación activa así dous novos programas do PEL orientados a enfrontar a perda de poboación do rural coruñés,  que será unha das liñas estratéxicas da acción do goberno provincial nos vindeiros anos segundo anunciou o presidente, Valentín González Formoso, ao inicio do mandato. Ambas as dúas liñas pretenden facilitar que a mocidade poda atopar oportunidades laborais ou crear a súa propia empresa sen ter que abnadonar o rural.

 

Posta en marcha de 60 proxectos empresariais

 

O programa PEL-Rurinnova, dotado con 486.000 euros, financiará a posta en marcha de 60 proxectos empresariais innovadores por parte de mozas e mozos menores de 30 anos durante o ano 2020. Ademáis de axudas ao autoemprego, por un importe de ata 8.100 euros, esta liña inclúe un amplo calendario de  actividades de formación, asesoramento e soporte para os emprendedores/as durante o proceso de creación, desenvolvemento e consolidación dos seus diferentes plans e liñas de negocio, así como o futuro apoio aos mesmos dende a Rede Provincial de Espazos de Coworking.

 

 

Continuando coa súa liña de apoio ao emprendemento sostible, a Deputación priorizará o acceso a esta liña de axudas aos proxectos que potencien a economía verde, azul ou circular e conten con medidas de desenvolvemento sostible e responsabilidade social empresarial no seu modelo de negocio.

 

80 novas contratacións para garantir o relevo xeracional

 

Por outra banda, a nova liña PEL-Relevo contará cun orzamemto de 432.000 euros para incentivar a contratación de 80 mozos e mozas menores de 30 anos en empresas implantadas nos concellos máis pequenos da provincia. Os contratos deberán ser indefinidos e a tempo completo, tendo a obriga de mantelos un mímino de seis meses, e teñen como obxectivo facilitar o relevo xeracional dos cadros de traballadores das empresas e proporcionar unha experiencia laboral e a adquisición de novas competencias á mocidade.

 

Ademáis da subvención á contratación destes 80 mozos e mozas, que complementan as liñas de acción do programa PEL-PEMES que este ano faciltan a inserción laboral  de outras 178 persoas, a nova liña PEL-Relevo ofrecerá tamén accións formativas para os/as traballadores/as en colaboración coa Rede Provincial de Espazos de Coworking.

 

Outros proxectos PEL con financiamento europeo para o rural

 

Desde a posta en marcha do Plan de Emprego Local (PEL), a aprobación de proxectos con financiamento europeo que benefician ao rural coruñés ten sido unha constante habitual e, actualmente, atópanse catro en fase de desenvolvemento e execución.

 

Entre eles, destaca o programa PEL-Emprego Sostible No Eido Rural, cun orzamento de 5,3 millóns de euros cofinanciado con fondos do FSE, que ten como finalidade mellorar a inserción sociolaboral de 855 persoas en situación ou risco de exclusión social no territorio rural da provincia da Coruña a través da activación de itinerarios integrados e personalizados de inserción sociolaboral en sectores de actividade que teñen un maior potencial de crecemento como son o sector forestal, de turismo, servizos de atención a colectivos con necesidades especiais, agricultura e gandaría

 

Outras accións importantes son o proxecto EIXO (Estratexia de Insercción Xove), centrado na mellora da empregabilidade da mocidade inscrita no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil a través da formación estruturada en  itinerarios coma comercio, márketing e loxística; actividade físico-deportiva; seguridade e medio ambiente ou información e comunicación.  Tamén destaca o proxecto AMAdeira, aprobado no marco do  Programa Empleaverde da Fundación Biodiversidade do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente co apoio económico do FSE, que ten por obxectivo a sustentabilidade e a posta en valor do castiñeiro no concello de Cerdido e na comarca de Ortegal.

 

 

 

TÁBOA DE CONCELLOS OBXECTO DESTA CONVOCATORIA

Concellos con poboación

igual o inferior a 5.000 hb

Concellos con poboación

entre  5.001-10.000 hb  e

saldo demográfico negativo

Aranga

Dodro

O Pino

Arzúa

A Pobra do Caramiñal

A Baña

Dumbría

Rois

Camariñas

Ponteceso

Boimorto

Fisterra

San Sadurniño

Cedeira

Pontedeume

Boqueixón

Frades

Santiso

Cee

Porto do Son

Cabana de Bergantiños

Irixoa

Sobrado

Coristanco

Santa Comba

Cabanas

Laxe

As Somozas

Malpica

Valdoviño

A Capela

Lousame

Toques

Melide

Vedra

Cariño

Mañón

Tordoia

Mugardos

Vimianzo

Carnota

Mazaricos

Touro

Muros

 

Cerceda

Mesía

Trazo

Neda

 

Cerdido

Moeche

Val do Dubra

Ortigueira

 

coirós

Monfero

Vilarmaior

Outes

 

Corcubión

Muxía

Vilasantar

Oza-Cesuras

 

Curtis

Paderne

Zas

Padrón