O CONCELLO DE RIVEIRA CELEBRARÁ O DÍA DAS PERSOAS CON DIVERSIDADE FUNCIONAL CON ZUMBA, TEATRO E UNHA EXPOSICIÓN

O CONCELLO DE RIVEIRA CELEBRARÁ O DÍA DAS PERSOAS CON DIVERSIDADE FUNCIONAL CON ZUMBA, TEATRO E UNHA EXPOSICIÓN

Escrito el 02/12/2019


O Concello de Riveira vai conmemorar mañá martes o Día Internacional das Persoas con Diversidade Funcional cun programa de actos que inclúen diversos accións como zumba, unha exposición, teatro e a lectura dun manifesto institucional.

 

O programa arrancará ás 11.30 horas na praza do Concello (ou, en caso de choiva, na carpa de usos múltiples) que inclúen en primeiro lugar a lectura dun manifesto institucional e acto seguido unha masterclass de zumba impartida pola Concellería de Deportes con participación de 60 alumnos da asociación Ambar e 12 de A Creba.

 

Ás 13 horas na Casa Consistorial inaugurarase unha exposición de traballos realizados por alumnos da asociación Ambar titulada “Con xeito. Diversidade na arte”. Estará exposta do 3 ao 13 de decembro.

 

Por último, ás 18 horas no Auditorio terá lugar a iniciativa Teatro pola Diversidade con participación dos grupos dramáticos de Amicos (que representará a función “Lío de perros, gatos y ratones”) e Ambar (con “Martín e os Biosbardos”).

 


Con Xeito-impresión.pdf Con Xeito-impresión