A Deputación da Coruña apoia con 1 millón de euros aos clubs deportivos da provincia que participan en competicións de ámbito nacional e internacional

A Deputación da Coruña apoia con 1 millón de euros aos clubs deportivos da provincia que participan en competicións de ámbito nacional e internacional

Escrito el 10/12/2019


A Deputación da Coruña destina 1.005.549,25 euros a apoiar aos clubes deportivos e deportistas da provincia que participan en competicións de ámbito nacional e internacional.

 

A resolución provisional deste programa de apoio ao deporte coruñés, publicada hoxe no Boletín Oficial da Provincia, beneficia a un total de 106 clubes coruñeses masculinos e femininos de todas as especialidades deportivas (fútbol, baloncesto, atletismo, balomán, rugby, natación, piragüismo, remo, ciclismo, voleibol, hockey, ximnasia, judo, taekwondo…) que participan en competicións deportivas do máis alto nivel. Outras trece axudas están condicionadas á achega de documentación complementaria.

 

As subvencións oscilan entre os máis de 100.000 euros que perciben o Club Basket Coruña ou o Club Universitario de Ferrol, con maior número de socios, até os preto de 2.000 das entidades máis pequenas coma a Agrupación Judo Ferrolterra ou a Peña Ciclista Monte Xalo.

 

A deputada responsable da área de Deportes da institución provincial, Cristina Capelán, destacou a “importante contribución deste programa para apoiar aos principais equipos do deporte coruñés e situalos á vangarda do deporte galego e nacional”.

 

As subvencións poden consultarse na BOP de hoxe                                                        https://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2019/12/10/2019_0000009873.html