MELCHOR, GASPAR E BALTASAR VISITARÁN TODAS AS PARROQUIAS DO MUNICIPIO A BORDO DO BUS REAL NO DOMINGO DA CABALGATA

MELCHOR, GASPAR E BALTASAR VISITARÁN TODAS AS PARROQUIAS DO MUNICIPIO A BORDO DO BUS REAL NO DOMINGO DA CABALGATA

Escrito el 10/12/2019


Dende hoxe martes circula polas estradas do municipio o Bus Real: unha iniciativa que, por segundo ano, pon en marcha o Concello coa colaboración do Grupo Ferrín coa fin de promocionar o programa Riveira MOVe ao tempo que se brinda á veciñanza a posibilidade de achegar o domingo 5 de xaneiro a todas as parroquias ás Súas Maxestades de Oriente, antes da cabalgata pola cidade.

 

A iniciativa foi presentada hoxe no Malecón pola concelleira de Cultura, María Sampedro; o seu compañeiro de Mobilidade Cidadá, Víctor Reiriz; e Manuel Ferrín como responsable da citada compañía de transporte.

 

O autocar en cuestión está decorado con motivos navideños e o lema “Os Reis Magos viaxan coa Tarxeta Riveira Move”. Ademais, o rei Melchor sostén unha das tarxetas azuis Riveira Move que, grazas á subvención do Concello, fan que cada desprazamento para o usuario custe 1€, descontando 30 ou 40 céntimos dependendo da liña sobre o prezo real.

 

No domingo 5 de xaneiro, o Bus Real, cos Reis Magos de Oriente a bordo, visitarán as parroquias segundo este horario:

 

  • Corrubedo: Rúa das Delicias, ás 10 horas
  • Olveira: Casa da Cultura, ás 10.45 horas
  • Oleiros: Centro Social, ás 11.30 horas, con visita ao Hospital da Barbanza
  • Palmeira: Porto, ás 12.30 horas
  • Castiñeiras: Porto, ás 13.30 horas
  • Aguiño: Aula de música, ás 16 horas
  • Carreira: Capela da Guía, ás 16.45 horas
  • Artes: Centro Recreativo, ás 17.30 horas

 

Ese sinalado día, As Súas Maxestades repartirán caramelos e sortearán un agasallo sorpresa entre toda a cativada que os vaia recibir nestas paradas.