O salón de plenos de Noia acollerá mañá xoves unha charla sobre compostaxe doméstica

O salón de plenos de Noia acollerá mañá xoves unha charla sobre compostaxe doméstica

Escrito el 11/12/2019


O salón de plenos do Concello de Noia acollerá mañá xoves 12 de decembro, ás 18:30 horas, unha charla sobre compostaxe aberta á cidadanía interesada en participar na Campaña de Compostaxe Doméstica que está a promover a Mancomunidade de Concellos Serra do Barbanza en colaboración co Concello de Noia.

 

O concelleiro de Medio Ambiente, Martín Fernández Godón, explica que durante a xornada de mañá “farase unha explicación do que é a compostaxe e a aquelas persoas que estean interesadas en levalo á práctica se lles entregará 1 composteiro, coa condición de facerlle un seguimento nas súas casas durante tres meses por parte da empresa encargada da campaña”.