A DÉCIMA RUTA BTT DO NADAL ‘CONCELLO DE RIVEIRA’ OFRECERÁ DÚAS DISTANCIAS ALTERNATIVAS DE 44 E 27 KILÓMETROS

A DÉCIMA RUTA BTT DO NADAL ‘CONCELLO DE RIVEIRA’ OFRECERÁ DÚAS DISTANCIAS ALTERNATIVAS DE 44 E 27 KILÓMETROS

Escrito el 12/12/2019


A Ruta BTT do Nadal regresa o domingo 29 de decembro na súa décima edición coa aspiración de repetir os case 500 participantes que concorreron o ano pasado a esta cita.

 

O evento foi presentado pola concelleira de Deportes, Juana Brión, e por Eduardo Iglesias en representación da asociación Arousa Neo. Partirá ás 9 horas do polideportivo da Fieiteira coa posibilidade de completar dous percorridos alternativos de 44 ou 27 kilómetros. Neste senso, o trazado será común nun primeiro tramo que descorrerá polo monte de San Alberte, o cruceiro de Moldes, Sobrido, Olveira e o dolmen de Axeitos. Neste punto, no que haberá un primeiro avituallamento, os da ruta máis longa proseguirán por Olveira, o monte Tahume, os campos de Teira, monte Facho e voltarán cara Axeitos, onde estará habilitado un segundo avituallamento e ademais empalmarán coa ruta máis curta. O último tramo, compartido entre ambas, pasará pola senda do río Arlés ata Muíño de Correa, Gude e Monte Cidá e desembocará de novo no complexo da Fieiteira.

 

A chegada do groso dos ciclistas (cómpre recordar que a actividade non ten carácter competitivo) está programada para entre as 13.30 e as 14 horas e na meta poderán disfrutar dun “contundente avituallamento”. Tamén haberá sorteos e regalos como é habitual.

 

Dende a organización se destacou a cooperación da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil e da Policía Local.

 

Inscricións

O prazo de inscrición está aberto e xa hai máis de 180 anotados aínda que, como se apuntou, as expectativas pasan por rondar os 500, o tope máximo. A xente interesada pode formalizar a súa participación na páxina www.ranckr.com (hai un enlace habilitado dende a web do Concello www.riveira.gal) . O prazo conclúe o 26 de decembro á medianoite e o prezo de inscrición son 6 euros.