OS MÚSICOS MULTIPREMIADOS PHIL PIERICK E NEUS ESTARELLAS, PROFESORES CONVIDADOS NA AULA GALEGA DE SAXOFÓN EN RIVEIRA

OS MÚSICOS MULTIPREMIADOS PHIL PIERICK E NEUS ESTARELLAS, PROFESORES CONVIDADOS NA AULA GALEGA DE SAXOFÓN EN RIVEIRA

Escrito el 12/12/2019


Esta fin de semana recalará no Conservatorio Municipal de Riveira ‘Enrique Paisal’ un novo encontro da Aula Galega de Saxofón que reúne mensualmente no noso municipio a dezaseis alumnos e alumnas procedente de centros de toda a comunidade autónoma.

 

Nesta ocasión, ademais de co titor Rodrigo Vila, a iniciativa contará coa participación de dous profesores convidados: o saxofonista estadounidense Phil Pierick, afincado en Chicago e con múltiples galardóns no seu currículo (gañador do Concurso Internacional de Saxofón Jean-Marie Londeix e do Concurso Internacional de Saxofón ISSAC e tres veces vencedor nos Concursos Nacionais de Novos Artistas e de Música de Cámara MTNA, entre outras distincións), e da pianista mallorquina Neus Estarellas, tamén galardoada en numerosos certames como o Karlsruher Wettbewerb für Zeitgenössische Musik,  Premi Primer Palau Barcelona, Premi de Música de Manresa, Arjau, Art Jove, Concurs Rotary Club Palma de Mallorca, etc.

Audicións

Os dezaseis alumnos da Aula, acompañados de Neus Estarellas, van ofrecer tres audicións que terán lugar o venres ás 21 horas, o sábado ás 19 horas e o domingo ás 13.15 horas. Cada unha  das audicións rematará coa actuación dos tres profesores. A entrada, como sempre, libre e gratuíta.