UN TOTAL DE CINCUENTA NENOS PODERÁN PARTICIPAR NA CABALGATA A BORDO DO TREN QUE ENCABEZARÁ O DESFILE

UN TOTAL DE CINCUENTA NENOS PODERÁN PARTICIPAR NA CABALGATA A BORDO DO TREN QUE ENCABEZARÁ O DESFILE

Escrito el 13/12/2019



Santa Uxía de Riveira, 13 de decembro de 2019.- Cincuenta nenos e nenas con idades comprendidas entre os 5 e os 12 anos terán a oportunidade de participar na Cabalgata do domingo 5 de xaneiro subidos no tren que encabezará o desfile.

 

As inscricións para esta posibilidade que brinda o Concello de Riveira estarán abertas do 16 ao 26 de decembro, ben cubrindo o formulario que se habilitará na web www.riveira.gal ou ben no Centro Cultural Lustres Rivas, en horario de 9 a 14 horas.

 

A listaxe de admisión será publicada o 30 de decembro na web municipal. Se o número de inscritos supera ao de prazas, farase un sorteo público o 28 ás 12.30 horas no Lustres Rivas para escoller aos participantes.