GRAN ACEPTACIÓN DOS OBRADOIROS DE ARTE FLORAL DE NADAL NAS PARROQUIAS DE RIVEIRA CON 117 PERSOAS ANOTADAS

GRAN ACEPTACIÓN DOS OBRADOIROS DE ARTE FLORAL DE NADAL NAS PARROQUIAS DE RIVEIRA CON 117 PERSOAS ANOTADAS

Escrito el 13/12/2019


Na tarde de onte xoves en Carreira tivo lugar o primeiro dos obradoiros de arte floral de Nadal que, por primeira vez, viaxan ás parroquias do municipio e que están a obter unha gran aceptación entre a veciñanza.

 

Así, conseguiuse cubrir o número mínimo de persoas inscritas requirido para poder impartir esta acción de tal xeito que se celebrará nas oito parroquias do municipio no que estaba previsto (cómpre lembrar que a da cidade, Santa Uxía, non entraba nesta programación). En total, e a falla de cubrir algunhas vacantes se xorde máis xente interesada, son 117 as persoas anotadas.

 

Máis concretamente, onte na casa de cultura de Carreira participaron 10 veciños nunha actividade cuxa entrega de diplomas contou coa presenza do concelleiro de Comercio e Turismo Ramón Doval. Hoxe para Corrubedo hai apuntados 14; mañá en Artes, 15; o luns en Palmeira, 17; o martes en Oleiros, 12; o mércores en Aguiño, 16; o xoves en Castiñeiras, 17; e o venres en Olveira, 16.

 

Elfo patinador

Por outra parte, cómpre informar de que mañá sábado, de 10 a 14 horas, un elfo patinador circulará polo Malecón e polas rúas peonís da cidade coa fin de distribuír material informativo do novidoso Mercado de Nadal que se emprazará na praza de Porta do Sol a partir do venres 20 (e que se inaugurará ás 18 horas) e estará integrado por 16 postos de produtos propios desta época como xoguetes artesáns, turróns e doces, roupa e adornos de Nadal, e que se intercambiarán cun mercado similar situado en Vilagarcía