OBRADOIRO INTERXERACIONAL DE USO DA LINGUA GALEGA, ESTE SÁBADO NO LUSTRES RIVAS

OBRADOIRO INTERXERACIONAL DE USO DA LINGUA GALEGA, ESTE SÁBADO NO LUSTRES RIVAS

Escrito el 17/12/2019


No marco da Rede Galega de Dinamización Lingüística, o Concello de Riveira vai dar cabida este sábado 21 a un obradoiro de dinamización interxeracional de uso da lingua galega titulado “O papel dos avós e as avoas como transmisores da lingua e da cultura galegas”.

 

O taller será impartido pola psicóloga Cándida Rodríguez Ferro e está destinado a incidir na transmisión interxeracional do galego a través da toma de consciencia das persoas de máis idade, que a miúdo se reúnen no Nadal coas xeracións máis novas, ás que teñen moito que lles achegar. A entrada é libre e gratuíta.