O ESPAZO XUVENIL DE RIVEIRA ORGANIZARÁ OBRADOIROS CREATIVOS DE ARTES PLÁSTICAS NAS FINS DE SEMANA DESTE NADAL

O ESPAZO XUVENIL DE RIVEIRA ORGANIZARÁ OBRADOIROS CREATIVOS DE ARTES PLÁSTICAS NAS FINS DE SEMANA DESTE NADAL

Escrito el 17/12/2019


O Espazo Xuvenil situado no primeiro andar do mercado municipal de Riveira vai albergar os próximos tres fins de semana diversos obradoiros creativos de artes plásticos que teñen como nexo común o Nadal.

 

Así, entre as accións que se van realizar figuran temáticas vinculadas coa caligrafía (decoración do cristal do Espazo Xuvenil por medio de dúas técnicas: cal e cintas de cores), postais e selos (realización de postas creativas coa utilización de selos feitos polos rapaces), ornamentos de madeira (creación e decoración de bolas de árbore de Nadal feitas con madeira), e outros obradoiros express a base de chapas, coxíns, centros de mesa creativos, fotóforos etc…

 

Os talleres terán lugar, en horario de 17 a 21 horas, entre os días 20, 21, 22, 27, 28 e 29 de decembro e 3, 4 e 5 de xaneiro. Estarán da man de Paula López, coñecida creadora afincada en Riveira como Paulova, e mais Bernardo Paz Codesido.

 

Cómpre lembrar que toda as actividades son gratuítas e que o Espazo Xuvenil está dirixido á mocidade de entre 14 e 19 anos.