AUDICIÓNS NO CONSERVATORIO DE RIVEIRA DA AULA GALEGA DE SAXOFÓN COS PROFESORES CONVIDADOS PHIL PIERICK E NEUS ESTARELLAS

AUDICIÓNS NO CONSERVATORIO DE RIVEIRA DA AULA GALEGA DE SAXOFÓN COS PROFESORES CONVIDADOS PHIL PIERICK E NEUS ESTARELLAS

Escrito el 17/12/2019


A pasada fin de semana recalou no Conservatorio Municipal de Riveira ‘Enrique Paisal’ un novo encontro da Aula Galega de Saxofón con presenza de dezaseis alumnos e alumnas procedente de centros de toda a comunidade autónoma.

 

Nesta ocasión, ademais de co titor Rodrigo Vila, a iniciativa contou coa participación de dous profesores convidados: o saxofonista estadounidense Phil Pierick, afincado en Chicago e con múltiples galardóns no seu currículo (gañador do Concurso Internacional de Saxofón Jean-Marie Londeix e do Concurso Internacional de Saxofón ISSAC e tres veces vencedor nos Concursos Nacionais de Novos Artistas e de Música de Cámara MTNA, entre outras distincións), e da pianista mallorquina Neus Estarellas, tamén galardoada en numerosos certames como o Karlsruher Wettbewerb für Zeitgenössische Musik,  Premi Primer Palau Barcelona, Premi de Música de Manresa, Arjau, Art Jove, Concurs Rotary Club Palma de Mallorca, etc.

Os alumnos da Aula ofreceron tres audicións o venres ás 21 horas, o sábado ás 19 horas e o domingo ás 13.15 horas. Cada unha  das audicións rematará coa actuación dos tres profesores.