UN TOTAL DE 45 VECIÑOS ASISTEN AOS DOUS CURSOS DE COCIÑA DE NADAL DE RIVEIRA

UN TOTAL DE 45 VECIÑOS ASISTEN AOS DOUS CURSOS DE COCIÑA DE NADAL DE RIVEIRA

Escrito el 18/12/2019


Un total de 45 veciños foron inscritos aos dous cursos de cociña de Nadal que, como é tradicional, organiza por estas datas o Concello de Riveira.

 

Onte pola noite concluíu o primeiro deles (celebrado os días 16 e 17) con 25 persoas participantes; en tanto que entre hoxe e mañá terá lugar o segundo, con previsión de reunir a outros 20 asistentes. En ambos casos, os cursos desenvólvense de 18.30 a 21 horas nas aulas formativas que o Concello ten na rúa Cristóbal Colón.

 

O gastrónomo Ignacio Rodríguez Bello están sendo o encargado de impartir os cursos.