A EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA “O LABOR EN SILENCIO” DO MUSEO MUNICIPAL TRASLÁDASE AO CEIP DE FRIÓNS

A EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA “O LABOR EN SILENCIO” DO MUSEO MUNICIPAL TRASLÁDASE AO CEIP DE FRIÓNS

Escrito el 19/12/2019


Durante este mes de decembro e ata o 8 de xaneiro 2020, a exposición fotográfica “O Labor en Silencio” comisariado dende a Sala Museo municipal de Riveira, estará no Colexio Público de Frións.

 

Deste xeito, o colectivo escolar poderá traballar aqueles aspectos vinculados co papel da muller e o traballo a mediados de século en Riveira que se reflicte nas instantáneas exhibidas.

 

Itinerante

Debido ao carácter itinerante da exposición, aqueles colectivos, colexios ou entidades que o soliciten poderán acollela.